Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro urbano, barrios e parroquias, así como os centros de ensino de Monforte luciron as comadres representando escenas alusivas á actualidade ou a momentos da vida cotiá. Con estas creacións a veciñanza saca o seu lado máis creativo e satírico ao tempo que mantén as tradicións.
No que se refire ao concurso do Xoves de Comadres convocado polo Concello de Monforte, este xoves 12 de febreiro participaron unha vintena de asociacións, entidades e persoas a título individual, con máis de setenta bonecos acompañados do seu particular atrezo. O certame, que tivo o seu momento central na Praza de España ás 17.00 horas coa concentración dos centros de ensino e as propostas individuais, culminou coa felicitación aos participantes e a lectura dos premios a cargo da Concelleira de Cultura, Marina Doutón. A continuación procedeuse á tradicional queima das figuras.

21 PROPOSTAS PRESENTADAS
- Parroquias/barrios/rúas. Colectivo: 9 asociacións e entidades participantes cun total de 55 comadres.
- Parroquias/barrios/rúas. Individual: 4 participantes con 5 comadres en total.
- Centros de ensino. Colectivo: 1 centro.
- Centros de ensino. Individual: 4 centros con 4 comadres.
- Praza de España. Individual: 3 participantes con 3 comadres.
PREMIOS XOVES COMADRES DO CONCELLO DE MONFORTE 2026:
Crítica social– Viaxamos a Monforte co bus rural. Silvia García Vázquez-San Juan de Tor, 150€.
Etnografía– A súper avoa. Asociación Agora, 150€.
Parroquias/barrios/rúas. Colectivo:
Accésit – As comadres A Internacional. Mª Matilda Corral-Peluquería Internacional,75€.
Accésit – Ca auga ata o pescozo. Alicia Dapena Pérez, 75€.
Accésit – No fondo do mar. AFAMON, 75€.
2º- Cobas “en marcha” con Eva Nasarre. Asociación Veciños Barrio de Cobas, 120 €.
2º – Mandilón Fashion Week. San Julián de Tor, 120€.
1º – Inseguridade Social. Asociación Agora-Centro de Día, 150€.
1º – Facemos o que nos da a lana. Asociación Prodeme, 150€.

Barrios individual (ata 3 compadres):
Accésit – Farmacéutica. Rebeca Galván Segura, 50€.
2º – As pitas confitadas. Geriatros Domus VI Monforte, 75€.
1º – Chancha confínase en Guntín. Matilda Somoza González, 100€.
Praza de España individual
2º – Rumi La guerrera del K-Pop. Leo Blanco Rajo, 75 €
2º – A enfermeira que non falla. Luis Gallego López, 50€.
1º – A Galega vestida de gala. Adelina Deus González, 100€.
Centros ensino. Colectivo (Máis de 3 compadres)
1º – A sanidade 40 aniversario do noso hospital. Colexio Ferroviario, 150€.
Centros ensino. Individual
Accésit – Mouras. CEIP Monforte, 75€.
Accésit – Gandariña voluntaria. CEIP A Gándara, 75€.
2º – Labubus, praga de monstruos. Colexio Torre de Lemos, 75€.
1º– Mestra por vocación, ANPA Colexio Escolapios, 100€.


