HomeSucesosLocalizan un home de 82 anos desaparecido desde o medio día do...

Localizan un home de 82 anos desaparecido desde o medio día do xoves en Monforte

Os servizos de emerxencias localizaron no concello lugués de Monforte de Lemos un home de 82 anos que levaba desaparecido desde o mediodía deste xoves

Publicado o

- Advertisement -

Tal e como informou o 112 Galicia, as tarefas de busca centráronse na zona das Nocedas. Pasadas as 19.30 horas, os axentes da Policía Local confirmaron que localizaran o home nun camiño con abondosa maleza, de difícil acceso e con sinais de ter caído.

Unha vez rescatado, os axentes trasladaron o octoxenario ata unha ambulancia, que lle prestou atención sanitaria e o evacuou ao centro hospitalario de referencia.

No operativo tamén participaron efectivos da Policía Nacional e da Garda Civil, así como bombeiros e voluntarios de Protección Civil de Monforte.

Ademais, foi mobilizada a Unidade de Rescate Cans de Salvamento de Galicia, que desprazou tres guías e catro cans.

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...