HomesociedadePremio ‘Lugo cambia o turismo lucense’ para o Festival do Viño da...

Premio ‘Lugo cambia o turismo lucense’ para o Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

O galardón foi concedido polo Consello Provincial de Turismo da Deputación de Lugo, organismo que recoñece a importancia do Festival na promoción turística de Monforte e da Ribeira Sacra. A Tenente de Alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, recolleu o premio esta tarde no Pazo de San Marcos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Pazo de San Marcos acolleu na tarde deste martes 29 de setembro a gala de entrega dos VII Premios á Excelencia Turística, galardóns que entrega o Consello Provincial de Turismo co gallo do Día Mundial do Turismo, que se conmemora cada 27 de setembro.

Nesta edición foron distinguidas catro iniciativas que contribúen á promoción de distintas partes do territorio da provincia e do seu patrimonio material e inmaterial. Unha delas foi o Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte de Lemos, e as outras tres foron o Encontro Internacional de Torneiros da Madeira de Xermade, a Festa da Enfariñada de Trabada e o proxecto Santaballa, Territorio de Memoria e Sostibilidade (Vilalba).

O Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte de Lemos e o Encontro Internacional de Torneiros da Madeira de Xermade levaron o galardon dentro da categoría ‘Lugo Cambia o Turismo Lucense’; na de ‘…E para comer, Lugo á gastronomía lucense’ gañou a Festa da Enfariñada de Trabada. E finalmente, o proxecto Santaballa, Territorio de Memoria e Sostibilidade de Vilalba foi o recoñecido dentro da categoría de ‘Turismo Sostible 2026’.

Durante o acto, Gloria Prada agradeceu á Deputación e ao Consello Provincial de Turismo este recoñecemento a un evento que o Concello de Monforte impulsa desde o ano 2017 e que se converteu nunha das principais citas do calendario anual da cidade. A Tenente de Alcalde expresou a satisfacción do Equipo de Goberno polo recoñecemento e lembrou que o obxectivo deste evento, que impulsaron en 2017, foi moi claro: “promocionar os viños da Ribeira Sacra é tamén promocionar a Ribeira Sacra como destino turístico”. Así mesmo, salientou que un dos eixos centrais deste evento é “ofrecer en Monforte un escaparate común para os viños das diferentes subzonas da Denominación de Orixe”.

Finalmente, Prada sinalou que o Festival “contribúe a consolidar Monforte como porta de entrada á Ribeira Sacra e como punto de encontro para descubrir este territorio” e trasladou o seu agradecemento á Denominación de Orixe Ribeira Sacra, aos viticultores e viticultoras, aos adegueiros e adegueiras, aos establecementos de hostalería e gastronomía e a todas as persoas que participan na organización e no desenvolvemento do Festival.

FESTIVAL DO VIÑO DA RIBEIRA SACRA DE MONFORTE

Está organizado polo Concello monfortino dende o ano 2017 e celébrase anualmente na primeira fin de semana de xullo no Paseo do Malecón, á beira do río Cabe. En 2026 celebrou a súa oitava edición reunindo a arredor de 30 adegas de todas as subzonas da D.O. Ribeira Sacra,  funcionando como un escaparate integral para os viños de viticultura heroica, a gastronomía local, o patrimonio cultural e o enoturismo do sur da provincia de Lugo. O programa inclúe catas comentadas, masterclasses, concertos, obradoiros infantís e “Viñorutas”.

O Festival mobiliza e atrae a milleiros de visitantes antes do pico do verán e dinamiza sectores coma a hostalaría e o comercio de Monforte e da comarca de Lemos.

ÚLTIMAS

O recanteiro de Lugo Sur, Julio Ferrín, canta hoxe no Luar

O quirogués Julio Ferrín estréase na sección 'Recantos' do programa Luar da TVG. No...

O GDR Ribeira Sacra-Courel aproba 34 proxectos que mobilizarán máis de 2,5M€ de investimento no territorio

As axudas LEADER buscan impulsar novas iniciativas empresariais, mellorar a competitividade das actividades existentes...

A 48 edición do Rally San Froilán, os días 16 e 17 de outubro, estrea treito en Sarria

As novidades do percorrido son o treito de Baralla, con saída e meta na...

Aberto o prazo de matriculación para a Escola Municipal de Danza de Monforte

O Concello de Monforte informa á veciñanza que a Escola de Danza Municipal comezará...