HomeTerra de LemosO SaviñaoEscairón-A Cova: andaina para conmemorar o 8M no Saviñao

Escairón-A Cova: andaina para conmemorar o 8M no Saviñao

Será este sábado, 25 de marzo, e conta con algo máis de 120 persoas anotadas. O concello agasallará aos participantes cunha camisola e pinchos na Praia da Cova.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello do Saviñao programou diferentes actividades para celebrar o 8M –Día Internacional da Muller–, sendo a derradeira delas unha andaina, baixo o lema “Camiñando pola igualdade”, duns 8-9 quilómetros que unirá este sábado 25 de marzo Escairón coa Praia da Cova.

A saída será ás 11:00 h. dende a Casa do Concello do Saviñao, en Escairón, e a meta estará na Praia da Cova. O percorrido consta, podería dicirse, de dúas etapas: unha que vai dende Escairón ata o Miradoiro do Cabo do Mundo, e outra dende este punto ata a propia Praia. Segundo explica Bea, concelleira de Cultura, combinaranse camiños coa estrada asfaltada que baixa á Praia da Cova e aínda que a dificultade é moderada haberá un minibús para quen o necesite e queira, tanto para a ida como para a volta.

A día de hoxe hai xa máis de 120 anotadas/os con idades de entre 8 e 80 anos, co cal o ambiente para o sábado vai ser animado e interxeracional.

Ao rematar a andaina na Praia da Cova haberá camisolas para as e os participantes, farase unha foto conxunta e degustaranse uns pinchos.

A Praia da Cova. Foto cedida D.R.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...