HomeTerra de LemosO SaviñaoInvestigada unha muller por supostos malos tratos a animais no Saviñao

Investigada unha muller por supostos malos tratos a animais no Saviñao

Dentro da vivenda había 97 cánidos, 4 felinos e 17 équidos.

Publicado o

- Advertisement -

A Garda Civil investiga á suposta autora dun delito de malos tratos animais na localidade lucense do Saviñao, despois de que, tras unha inspección, encontaron na vivenda 97 cánidos, 4 felinos e 17 équidos. Segundo trasladou a Garda Civil nun comunicado, estase a realizar unha inspección para determinar as condicións hixiénico-sanitarias dos animais. As dilixencias instruídas polos feitos están a ser remitidas ao Xulgado de Instrución dos de Monforte de Lemos.

Deste xeito, na inspección varios cans presentaba un estado de saúde “severamente comprometido ou con sintomatología compatible con patoloxías graves”, entre os que se atopaban “varios totalmente prostrados e outros con úlceras compatibles arrastre”.

Así mesmo, unha vintena deles eran “presumiblemente epilépticos” e fornecer un medicamento do grupo dos barbitúricos, “aplicado sen control e sen diagnóstico veterinario”. Por todo iso, procedeuse á imputación en calidade de investigada, dunha súbdita alemá como presunta autora dun suposto delito de malos tratos animais, ao considerarse como a posuidora destes animais.

ÚLTIMAS

Nacen as “Papeiras”, galletas elaboradas no obrador das ‘Xianas’ de Taboada

Dos creadores das Galletas Xianas de Taboada, xorden agora as galletas “Papeiras”. Unha aposta...

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...