HomeTerra de LemosO SaviñaoEvacuada ao hospital unha persoa despois de quedar presa no seu coche...

Evacuada ao hospital unha persoa despois de quedar presa no seu coche tras envorcar

Foron os bombeiros de Chantada os que se encargaron de axudar a saír á persoa do coche, para o que tiveron que romper a porta do acompañante.

Publicado o

- Advertisement -

Os bombeiros interviñeron para rescatar e evacuar ao hospital a unha persoa que envorcou co seu vehículo e quedou atrapada cando circulaba no Saviñao.

Os feitos ocorreron ás 15,15 horas, cando un particular chamou ao 112 Galicia para alertar deste sinistro no quilómetro 12 da LU-P-4102, ao seu paso por Vilasante. Ademais, o implicado non conseguía saír polos seus medios do coche.

Así, foron os bombeiros de Chantada os que se encargaron de axudar a saír á persoa do coche, para o que tiveron que romper a porta do acompañante.

Finalmente, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladou á persoa implicada ata o centro hospitalario de referencia.

O 112 tamén solicitou a intervención da Garda Civil e de Protección Civil do Saviñao.

ÚLTIMAS

FICA!: “Unha celebración da creatividade fóra das cidades”

FICA!, Festival Independente de Cine e arte na Aldea, é un evento cultural multidisciplinar...

Monforte abre a programación do Día das Letras Galegas

A Concellaría de Cultura de Monforte programou un completo programa de actividades con teatro,...

Inauguración da 2ª edición de ‘Marida Maio’ en Monforte

A delegación sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo...

Como conmemora Quiroga o Día das Letras Galegas?

Para estes concursos infantís establecéronse tres categorías: A, ata 8 anos, B de 9...