HomeTerra de LemosO SaviñaoComezan as Festas Patronais de Escairón

Comezan as Festas Patronais de Escairón

Celebraranse do 3 o 6 de agosto e contarán, entre outros atractivos, coa presenza das orquestras Panorama e Combo Dominicano, e as bandas de moda na Ribeira Sacra: Gin Toni’s e Malenne. Ademais, haberá oferta deportiva, actividades para a rapazada e a tradicional Carreira de Burros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Comeza a festividade máis esperada para a veciñanza de Escairón, capitalidade do Concello do Saviñao. Trátase das Festas Patronais na horna á Virxe das Dores.

Na programación, que transcorrerá do 3 ao 6 de agosto, destacan a presenza de grandes orquestras, grupos de moda na zona, eventos deportivos, xogos populares, actividades para público infantil ou a tradicional carreira de burros.

PROGRAMA

O sábado 3 de agosto arrinca coa “XII Carreira Popular Concello do Saviñao” que terá a súa saída dende a Praza Maior de Escairón. Ás 11:00 h. sairán os corredores das categorías infantís, e ás 12:00 h. farao a categoría absoluta.

Ese mesmo día pola noite, a partir das 22:00 h., ‘Gran Festa Verbena’ na Praza Maior co Grupo Punto Clave e as bandas Malenne e Gin Toni’s, formacións que farán gozar ao público amante do pop, o rock e a música indie.

Os Gin Toni’s. Foto: Musicsoft

O domingo preséntase cun pasarrúas ás 11:00 h. da man da Banda de Prado e o grupo de gaitas Os Tarabellos do Saviñao. Pouco despois, xogos populares na Praza maior ás 12:00 h. e Misa solemne e procesión ás 13:00 h.

Para poñer o remate de eventos pola mañá, concerto do Grupo de Gaitas Os Tarabelos do Saviñao e a Banda de música de Prado, e sesión vermú coa orquestra Primera Línea na Praza Maior.

Pola tarde terá lugar o Trofeo de Fútbol Festas de Escairón entre o At. Escairón e o CD Córgomo ás 18:30 h. e a partir das 20:00 h. outro pase musical a cargo da orquestra Primera Línea. A verbena estará amenizada, a partir das 23:00 h. coas orquestras Nueva Fuerza e Panorama.

O luns 5 ás 12:00 h. o campo de fútbol da Lama acollerá as actividades de bicicleta lenta e carreira de sacos infantil, e ás 14:00 haberá sesión vermú na Praza Maior coa orquestra Primera Línea.

Pola tarde, neste comezo de semana, a partir das 17:30 h. haberá atraccións de balde para a rapazada no campo da Lama; e xa pola noite verbena na Praza Maior coas orquestras Galilea e Gran Parada.

FIN DE FESTA

O martes 6 de agosto será, como é tradicional, o día grande que pon o ramo ás Festas Patronais da capitalidade do Saviñao. E nesa data non faltará a ‘Gran Carreira de Burros’ ás 12:00 h. nin a competición de ‘Tiro de Corda’ infantil e de adultos ás 13:30 h.

Carreira de Burros nas Festas de Escairón (arquivo). Foto: Concello O Saviñao.

A continuación, para amenizar o xantar campestre na Devesa de Escairón, contarase coa Charanga Louband que ofrecerá sesión vermú e actuación itinerante pola tarde.

Volve o fútbol ás 18:30 h. co Trofeo Excmo. Concello do Saviñao co partido que medirá ao At. Escairón co Lugo B.

Como colofón ao programa de festas, ás 20:00 h. haberá un Festival de DJ coa presenza de Dj Rokiño, DJ Espasantes. Carballas DJ e Marcos Magán e a actuación da orquestra Combo Dominicado. Ás 00:30 h. gran folión de Fogos artificiais que poñerán o ramo a catro intensos días de celebracións.

ÚLTIMAS

Convenio de colaboración entre o Xeoparque Montañas do Courel e o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

O Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel e o Colexio Oficial de Biólogos...

Concerto de acordeón no ciclo ‘Primavera Musical’ en Sober

Os amigos e amigas da música instrumental teñen o vindeiro 25 de maio unha...

O concello de Monforte requerirá a Aqualia para dar solucións integrais aos problemas de Escultor Francisco Moure e Reboredo

O contrato do concello de Monforte con Aqualia naceu no 2001, "xa dende o...

Unha nova xornada do ‘Marida Maio’ no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Este xoves, 22 de maio, terá lugar ás 19:30 h. a segunda xornada da...