HomesociedadeO Centro de Saúde do Saviñao un lugar moi frio

O Centro de Saúde do Saviñao un lugar moi frio

CIG-Saúde Monforte quere denunciar o mal funcionamento da calefacción no Centro de Saúde do Saviñao. Solicitan que o concello solucione un problema que está a repetir cada inverno desde hai varios anos

Publicado o

- Advertisement -

CIG-Saúde Monforte quere denunciar o mal funcionamento da calefacción no C.S. do Saviñao

Fai dous anos cambiouse a caldeira de gasoil por un sistema central de caldeira de pellets no Concello. Esta caldeira central distribue a calor a diversos edificios públicos de Escairón. Dende que se instalou este sistema a calefacción nunca funcionou ben e nas instalacións cando fai moito frío, non se acada unha temperatura óptima para unhas instalacións  sanitarias.

Desde o sindicato fixéronse escritos ao concello e ó Sergas comunicando esta situación pero o problema non o solucionan

As instalacións do Centro de Saúde do Saviñao levan dende o luns  26 de novembro, cunha temperatura de 15ºC, acendendo a calefacción a media mañá. O grupo sindical quere destacar que no centro de saúde os pacientes desvístense para ser explorados, aos nenos incluso por completo para facerlles as revisións.

O 30 de novembro CIG-Saúde chamou ao concello ás 8:30 horas para decirlles que estaban os radiadores apagados (ás 10:00 horas había 16ºC non se prendera a calefacción). Non lle derón ningunha solución ao problema. Os pacientes teñen que estar coas chaquetas postas polo frio que fai no Centro de Saúde

CIG-Saúde solicita que se solucione o problema que se leva arrastrando dende hai dous anos e sempre que chega o inverno pasa o mesmo e o Concello non fai nada para solucionalo.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...