HomeTerra de LemosPantónSuspendida a concentración de protesta do día 9 en Pantón

Suspendida a concentración de protesta do día 9 en Pantón

O BNG local subscribe a decisión da veciñanza de desconvocar a concentración do día 9 na Praza do Concello ante o anuncio de xuntanza do alcalde co conselleiro de sanidade co obxectivo de pechar en firme a cobertura do terceiro médico de familia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG de Pantón, despois de avaliar as accións da alcaldía para mover ficha no tema da cobertura do terceiro médico, subscribe a suspensión da protesta convocada para este xoves 9 de decembro e pide á Alcaldía que teña maior consideración coa oposición neste tema.

Neste senso, os nacionalistas de Pantón manifestan que “ante a situación actual coa cobertura de maneira provisional e precaria do terceiro médico por dez días, e tras valorar a xuntanza do alcalde co conselleiro de Sanidade o vindeiro venres, cremos que procede esperarmos a saber cales son os resultados desta. Así mesmo lembrámoslle ao goberno municipal de Pantón, en especial ao alcalde de Pantón, que teña en conta á oposición e proceda a actuar como representante de todos os veciños e veciñas contando co noso grupo que dende o principio pretende a solución deste problema“.

“Non pode seguir respondendo aos convites de diálogo e colaboración do BNG con descualificacións e silencios admininstrativos” lamenta a voceira municipal Rosana Prieto.

Esperando que os resultados da reunión do alcalde co Conselleiro de Sanidade o vindeiro venres sexan os desexados pola veciñanza, os nacionalistas pedirán que “se dea conta de maneira veraz dos acordos acadados e das xestións feitas pola equipa de goberno a este respecto”.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...