HomeEconomíaEncontro de Francisco Conde e o Alcalde de Pantón para impulsar o...

Encontro de Francisco Conde e o Alcalde de Pantón para impulsar o tecido empresarial

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo recentemente un encontro en Santiago de Compostela co Alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, co obxectivo de buscar fórmulas de colaboración para darlle pulo ao emprendemento e aos investimentos no concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Pantón e mailo concelleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta puxeron de manifesto na súa reunión a importancia da cooperación institucional para impulsar o tecido empresarial no concello. Así mesmo, avaliaron tamén novas vías de colaboración para seguir potenciando o emprendemento e os novos investimentos no municipio lucense.

Neste senso, fontes da Xunta informan que desde 2009 a Consellería vén apoiando ao Concello, empresas e veciños de Pantón con axudas por máis dun millón de euros, que permitiron mobilizar 2,5 millóns en eidos como o impulso ao sector comercial e á industria forestal, o apoio ás pemes ou no ámbito da mellora da subministración eléctrica e a eficiencia enerxética.

Francisco Conde e José Luis Álvarez. Foto: Prensa Xunta de Galicia

VANTAXES DE SER CONCELLO EMPRENDEDOR

O Concello de Pantón pode aproveitar, segundo indican tamén dende a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, as vantaxes coas que contan os Concellos Emprendedores, unha figura creada polo Goberno autonómico coa colaboración da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Ser Concello Emprendedor implica que colaboran coa Administración galega na captación de novos investimentos para Galicia, contribuíndo a alcanzar tres grandes retos: máis simplificación administrativa, máis facilidades de acceso a solo industrial, e máis incentivos fiscais.

Outro retorno ou vantaxe desta iniciativa para os denominados “Concellos Emprendedores” é que teñen prioridade en convocatorias de ordes de axudas da Xunta de Galicia dirixidas, por exemplo, á mellora dos parques empresariais, á posta en marcha de viveiros industriais ou o impulso da biomasa. Deste xeito, contribúese tamén á creación de emprego.

ÚLTIMAS

A UNED de Monforte supera por primeira vez o cento de matrículas

José Tomé, que tamén ostenta o cargo de presidente da Xunta Reitora da UNED...

A comezos do 2026 comeza a funcionar a cociña da Galiña Azul de Chantada

A Galiña Azul do Concello de Chantada forma parte desde o 2008 do Consorcio...

PP e BNG desmontan a fonte de Tomé no Parque dos Condes

A voceira do popular, Katy Varela, amosou o seu desacordo co anuncio de Tomé...

Fin de semana de Máster de Futbolín de Sarria

A directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López, participou...