HomeTerra de LemosPantónO BNG de Pantón denuncia a "liberación parcial" dunha das tres tenencias...

O BNG de Pantón denuncia a “liberación parcial” dunha das tres tenencias de alcaldía

Critica que se suprima un posto de traballo.

Publicado o

- Advertisement -

“A proposta da Alcaldía para liberar a unha das tres tenencias de alcaldía que hai na actualidade, é sen dúbida un intendo de dar forma legal a unha práctica abusiva que leva anos denunciando a nosa formación, e da que o noso rexedor ten feito gala asegurando que non pagar á seguridade social é para evitar gastos ao concello”. Esta é a denuncia que fai o BNG de Pantón

“Dende o bng non podemos defender que sigan cobrando dietas de 350€ nas xuntas de goberno para evitar as incompatibilidades, polo tanto celebramos a proposta porque se alguén traballa ten que recibir o seu salario, e tamén ten que cotizar á Seguridade Social”, indica nun comunicado Rosa Ana Prieto, voceira municipal do BNG que entende que esta práctica supón “suprimir un posto de traballo”.

“Está claro tamén que non facer as cousas ben dende o principio está a traer inconvenientes ao concello, algo do que a nosa formación xa previu á Corporación en moitos Plenos. Sería importante que o alcalde explicase a verdadeira razón de traer a Pleno isto case tres anos despois do Pleno
de Organización”, engade.

O BNG di non entender como pode darse un aumento da carga de traballo en turismo nos meses de inverno, e de cultura tras contratarse novo persoal cos cartos do Plan Único tampouco. “A isto hai que endadirlle que o concello privatizou a xestión das redes sociais e a relación coa prensa”, denuncia.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...