HomeEconomíaO BNG de Pantón propón subir o custe por km para o...

O BNG de Pantón propón subir o custe por km para o persoal do servizo de atención ao fogar

O BNG ve nesta proposta á alcaldía unha maneira de paliar a perda de poder adquisitivo daquelas traballadoras do fogar que deben empregar o seu vehículo para desenvolver o seu traballo.

Publicado o

- Advertisement -

A actual crise enerxética e de carburantes xa ten vítimas económicas, e en Pantón, un dos colectivos máis perxudicados é o cadro de persoal do Servizo de Axuda no Fogar municipal, que, explican dende o BNG, ve como se encarecen os subministos e o combustible que lles cómpre para realizar o seu traballo.

Dende a formación nacionalista denuncian que o consistorio leve “meses de boas palabras e ausencia de accións” que axuden a paliar o empobrecemento xeralizado de parte do persoal municipal pola obriga de ter que usar vehículo propio para o desenvolvemento do traballo.

Por iso, este martes o BNG rexistrou unha moción emprazando o goberno municipal a subir o pagamento do km ao persoal municipal que utilice vehículo particular. “Unha das variables con máis peso para o cálculo do custo da quilometraxe é o combustible”, afirma a portavoz municipal RosAna Prieto. A proposta do BNG inclúe as fórmulas financeiras para sufragar este custe, mediante unha modificación extraordinaria de crédito ata que o goberno municipal presente os orzamentos do 2022, indican.

“Dende o BNG mantemos que a ningunha persoa lle pode custar cartos ir traballar, e se mantemos máis meses o pagamento do km a 0,19€, o mínimo legal, na realidade estariamos defendendo a baixada do poder adquisitivo do persoal municipal que cobra quilometraxe, nomeadamente do Servizo de Atención ao Fogar”.

Así, propoñen pasar de 0,19€ o km a 0,30€. “De feito, alí onde teñen convenio sectorial xa o están cobrando ao 0,22€ e a proposta do 0,30€ compensaría unha parte dos meses xa perdidos”, lembran. Dende a formación nacionalista amósanse optimistas e cren que “o equipo de goberno votará a favor porque é unha cuestión de sentido común: mentres o custo o combustible e outras variables como as revisións mecánicas duplican prezos, elas seguen recibindo a mesma cantidade”, denuncian.

“Se a maioría absoluta do PP tumba esta proposta de xustiza salarial que levará o BNG ao próximo Pleno, terá que explicar o inexplicable”, sentenza a formación nacionalista. A data que sinalan para comezar a liquidar a ese prezo o km é o 1 de abril.

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...