InicioPolíticaO BNG de Pantón urxe a reapertura da Área Recreativa da Maiorga

O BNG de Pantón urxe a reapertura da Área Recreativa da Maiorga

"Supón unha oportunidade turística que non podemos desprezar, nin temos tempo que perder", sentenza a nacionalista Ana Rosa Prieto.

Publicado o

- Advertisement -

O BNG de Pantón vén de presentar unha moción para o seu debate en pleno na que insta a abrir de novo a Área Recreativa da Maiorga, que leva “pechada desde 2021”. Unha situación que, segundo denuncia a formación nacionalista, provoca a “depauperización das instalacións e a perda de fluxos de visitantes que xa tiña fidelizados a antiga concesión”.

“En Pantón debemos ser quen de ofrecer iniciativas turísticas asociadas ao territorio, manter e divulgar os camiños das ribeiras con horizontalidade e marcar a diferenza por integrar a poboación ribeirá na oferta turística, xa que aínda temos xente que habita a ribeira”, explica a concelleira e portavoz do grupo municipal, Ana Rosa Prieto.

Neste sentido, a casa do barqueiro, hoxe coñecida como Área Recreativa A Maiorga, na parroquia de Vilar de Ortelle, supón “unha oportunidade que non podemos desprezar, nin temos tempo que perder”, sentenza Prieto, que considera que é “de suma importancia” que se reabra á “maior brevidade posible”, dado que “serve de apoio ás diferentes iniciativas empresariais que se serven do Pantalán, e embarcacións públicas e privadas que navegan o río Miño”.

Por todo isto, o BNG propón que o Concello de Pantón proceda a adxudicar as instalacións da Maiorga antes do mes de xullo do 2022 e que actúe “con dilixencia e axustado á legalidade” para evitar conflitos que, din, “se repiten unha e outra vez”.

ÚLTIMAS

107 desempregados menos en Lugo Sur no mes de abril

A Secretaría de Acción Sindical de CC.OO. de Lugo pasou días atrás os datos...

Industria verde e sustentable, futuro económico para o rural segundo a conselleira Mª Jesús Lorenzana

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, destacou o venres10 de maio...

Coa entrega de premios remata en Monforte a II Fase da Liga Provincial de Lugo de Ximnasia Rítmica

Na II Fase da Liga Provincial de Lugo Individual e Conxuntos de Ximnasia Rítmica...

O PP pide en Pantón que a Deputación desenvolva un plan para potenciar os recursos propios da Ribeira Sacra

Desde o PP destacan que a Ribeira Sacra conta con características propias e ben...