HomesociedadePantón saborea o mellor da cociña lucense

Pantón saborea o mellor da cociña lucense

Publicado o

- Advertisement -

O programa da Deputación de Lugo ‘Saborea a túa provincia’ chegou este sábado ao Campo da Feira de Ferreira de Pantón con demostracións culinarias, actuacións musicais e talleres de cociña para os máis pequenos.

Martín Mantilla, do restaurante Berso, elaborou nas cociñas do autobús do ‘Saborea’ un Roast Beef de vaca galega con tomate eco, castañas e queixo da Ribeira Sacra que puideron degustar as persoas que se achegaron a Pantón este sábado.

Ademais, Xograres de Lemos e o grupo Atlántica foron os encargados de pór ritmo a esta xornada lúdica na localidade lucense na que participou como representante da Diptuación a deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto.

ÚLTIMAS

O Cineclub Ateneo de Monforte propón cine e música para celebrar o 1º de maio

O Cineclub Ateneo organiza unha programación especial para este primeiro de maio. Ás 20:00h...

Tres día de Feira do Viño en Vilachá de Salvadur para a ponte de maio

Unha nova edición da Feira do Viño de Vilachá celébrase na ponte de maio...

Comezan as obras de mellora na estrada LU-P-4905 entre Portomarín e Taboada

Esta actuación céntrase nos primeiros 10,5 quilómetros da vía, ao seu paso polo termo...

Yoraxi Melean, adestradora venezolana de Monforte, medalla ao Mérito Deportivo

Dende o Clube Voleibol Ribeira Sacra felicitan a Yoraxi Melean pola medalla ao Mérito...