HomeSucesosUn camión cargado de pavos saiuse da vía esta madrugada en Pantón

Un camión cargado de pavos saiuse da vía esta madrugada en Pantón

Moitos animais morreron no accidente e outros sufriron graves lesións polo que serán sacrificados.

Publicado o

- Advertisement -

O accidente producíase na madrugada do xoves 11 de outubro na N-120 á altura de Atán, no concello de Pantón. O propio condutor do camión alertaba ao 112 ás 5.30 horas. Indicou que o camión que conducía se saira da vía e quedara parado na N-120. Non solicitou asistencia médica, pero pouco despois outro condutor que pasou polo lugar do accidente pedía unha ambulancia para atender ao condutor do camión, que presentaba lesións na boca e se queixaba de dor nas costas.

O camión transportaba un milleiro de aves, a maioría morreron co impacto, do resto, as que quedaron feridas serán sacrificadas contando coa intervención de persoal especializado.

ÚLTIMAS

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...