HomeTerra de LemosPantónO desfile de carrozas e disfraces de Pantón consolídase

O desfile de carrozas e disfraces de Pantón consolídase

Un total de 34 comparsas desfilaron dende o CEIP Monte Baliño ata a Praza do Concello este sábado 25 de febreiro. Nin o frío nin a ameaza de choiva impediron vivir un gran ambiente de entroido con animación musical, agasallos para a cativada e chocolatada popular.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Pantón volveu ser o pechacancelas dos desfiles de Entroido do sur de Lugo pero a estratexia estalle funcionando moi ben. Dende hai uns anos, a decisión de postpoñer este evento á fin de semana seguinte ás grandes datas do entroido fai posible que a participación aumente co conseguinte atractivo para que moita xente se achegue a Ferreira.

Un total de 34 comparsas chegadas desde diferentes concellos do sur de Lugo desfilaron dende o CEIP Monte Baliño ata a Praza do Concello cun percorrido que comezou ás 16:00 h. e rematou arredor das 18:00 h. Unha vez na praza, acomodáronse as carrozas nas rúas laterais e encheuse o espazo de xente nun gran ambiente, con acompañamento musical a cargo do colectivo Baturruka Monforte e unha charanga ademais doutros atractivos para participantes e público asistente: entrega de lambetadas para todos os cativos e cativas e chocolatada popular para facerlle fronte ao frío.

A Praza do Concello chea de xente / XdL

A continuación, xa anoitecendo, xuntouse o xurado a deliberar e fixéronse públicos os premios, que foron os seguintes:

INFANTÍS

Grupo C

1º Premio para “Os Superthings de Pantón e 2º Premio para a comparsa “Parchís, Chis, Chis”.

Grupo B

1º e único premio para “Desayuno junior”

Grupo A

1º Premio para “Invasión de Ourizos Cachos”, 2º para “Os celtíveros do Monte Baliño” e 3º para “Os celtairóns”.

‘Invasión de ourizos cachos na Gándara’ / XdL
‘Os celtíveros do Monte Baliño’ / XdL

ADULTOS

Grupo C

1º Premio para “La Blasa”, 2º para “Aladín y la princesa Yasmín” e 3º para “Os arrieiros pola Ribeira Sacra”.

‘Aladín y la princesa Yasmín’ / XdL

Grupo B

1º para “Autolavados Rachelo”, 2º para “A horta de Balbina” e 3º (2 premios): “Os Zánganos da Ribeira Sacra” e “Autitos Chocones”.

‘Autitos Chocones’ / XdL

Grupo A

1º Premio para “A pavonearse por Sober”, 2º “Dende Canarias a Pantón” e 3º para “Volando voy”.

ÚLTIMAS

O Xeoparque organiza unha visita comentada na contorna do túnel de Montefurado

Este próximo sábado 14 de decembro o Xeoparque Montañas do Courel organiza unha xornada...

A Deputación investirá 1,2M€ na modernización do padrón municipal dos 67 concellos da provincia

Para esta iniciativa a institución provincial conta con 1,2M€ que conseguiu do Plan de...

Ampla e variada programación infantil para este Nadal en Chantada

No Pavillón Municipal de Chantada desenvolveranse do 23 de decembro ao 3 de xaneiro,...

42.000€ para un vehículo pick-up destinado a traballos medioambientais no Incio

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou este luns na entrega do novo...