HomeSucesosInvestigado por circular a 190km/h nunha vía de 90Km/h en Pantón

Investigado por circular a 190km/h nunha vía de 90Km/h en Pantón

Trátase dun veciño de Salamanca de 34 anos.

Publicado o

- Advertisement -

A Garda Civil investigou a un veciño de Salamanca, de 32 anos de idade, como suposto autor dun delito contra a seguridade viaria ao ser ‘cazado’ circulando a 190 quilómetros por hora pola N-120, á altura do municipio lucense de Pantón.

Segundo informa o Instituto Armado, ocorreu o pasado 19 de abril, cando un cinemómetro captou a un turismo a esa velocidade cando o límite é de 90 km/h, ao ser a máxima xenérica para ese tipo de vías. Ademais, nese tramo había unha indicación de perigo por baixada con pendente do 6 por cento.

Así, a Garda Civil comezou un labor de investigación para poder identificar o condutor do vehículo que consistiu en observar as fotogramas do cinemómetro, rastrexar os potenciais usuarios do coche e localizar en perfís abertos de redes sociais aquelas publicacións que conseguisen situar ao vehículo e ao seu condutor nun lugar próximo aos feitos.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...