HomesociedadeSegredos de Pantón organiza o roteiro 'No Deade dos séculos XVIII e...

Segredos de Pantón organiza o roteiro ‘No Deade dos séculos XVIII e XIX’

Actividade de balde que se realizará o 12 e xullo e con saída dende a Casa de Casebio (Deade) ás 10:00 h.

Publicado o

- Advertisement -

A asociación cultural Segredos de Pantón retoma a actividade cultural coa organización dunha andaina na que percorrerán a parroquia de Deade, visitando diferentes aldeas ata Vilanova para volver por Tanquián ata o punto de partida.

Nesta ruta, comentan dende a entidade “despois dunha profunda pesquisa bibliográfica, faremos un repaso da vida nesta freguesía e entorno nesta época explicando un montón de historias e curiosidades. Coma non podía ser doutra forma visitaremos moito patrimonio, destacando en especial a igrexa de San Vicente de Deade”.

Data: Sábado 12 de xullo ás 10:00 h. dende a Casa de Casebio na entrada de Deade.
A actividade é de balde e con 30 prazas previa reserva.

Insccricións no correo electrónico: segredosdepanton@gmail.com ou tamén nos teléfonos: 673 221 241 (Manuel González) ou 662 669 223 (Lucas Vázquez).

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...