O accidente ocorreu sobre as 18.40 horas deste xoves, cando un particular contactou co 112 Galicia para alertar de produciuse unha caída dun home desde unha altura duns 3 metros, a unha zona de rocas.
O CIAE 112 Galicia deu aviso a Urxencias Sanitarias 061, á Garda Civil e aos bombeiros de Monforte. Os servizos de Emerxencia lograron rescatar ao ferido, que se atopaba consciente, e trasladalo en embarcación ata o punto en que se atopaba a ambulancia.
Fontes do 061 informaron de que a ambulancia (unha unidade de soporte vital avanzado) trasladou ao home ferido ao Hospital Lucus Augusti de Lugo.

