HomeTerra de LemosPantónRestablecida a circulación na estrada LU-P-4103, en Pantón

Restablecida a circulación na estrada LU-P-4103, en Pantón

Concretamente foi no punto quilométrico 2,180, tramo afectado polo derrube dunha ladeira.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación de Lugo restableceu dende este venres, 31 de xullo, a circulación no punto quilométrico 2,180 da estrada provincial LU-P-4103, no concello de Pantón. “Este tramo viuse gravemente afectado polo derrubamento dunha ladeira, unha incidencia que obrigou a executar unha actuación de gran complexidade técnica polas dificultades que presenta a orografía da zona”, lembran dende a institución provincial.

Tamén se informa que, “aínda que os traballos continuarán nos vindeiros días, a evolución da intervención permite reabrir este tramo ao tráfico con todas as garantías de seguridade”.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...