HomeTerra de LemosA Pobra do BrollónFalece no hospital outro dos implicados no accidente da Pobra do Brollón

Falece no hospital outro dos implicados no accidente da Pobra do Brollón

Outra persoa faleceu no acto.

Publicado o

- Advertisement -

Unha das persoas implicadas no accidente rexistrado en Pobra do Brollón na tarde do sábado faleceu tras o sinistro, que custou a vida a outro dos ocupantes dos dous vehículos que chocaron á altura de Abrence cando circulaban pola estrada N-120.

Diso informou á primeira hora deste domingo o CIAE 112 Galicia, que na noite do sábado notificara o falecemento dunha persoa e o traslado ao hospital doutro tres, que tiveron que ser excarceradas do interior dos seus vehículos, onde quedaron atrapadas.

Finalmente, dúas persoas perderon a vida neste sinistro rexistrado ao fío das 19,00 horas, cando dous coches impactaron frontalmente ao seu paso polo lugar de Abrence.

O tráfico na zona quedou interrompido momentaneamente e foi restablecido unha vez foi terminaron as súas tarefas os servizos de emerxencia desprazados ao lugar.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...