HomePolíticaA Deputación de Lugo volverá licitar a residencia da Pobra do Brollón...

A Deputación de Lugo volverá licitar a residencia da Pobra do Brollón e non descarta accións xudiciais

Acusa á empresa adxudicataria de abandonar a construción deste centro.

Publicado o

- Advertisement -

Deputación de Lugo volverá licitar a residencia de maiores do Concello da Pobra do Brollón, logo de resolver o contrato coa anterior empresa adxudicataria das obras, que abandonou o proceso, e sen descartar emprender “accións coercitivas” contra ela por incumprir o contrato.

A portavoz socialista do goberno provincial, Pilar García Porto, deu conta desta circunstancia tras a xunta de goberno na que “se acordou resolver este contrato por causas alleas á deputación, en todo caso imputables ao propio contratista”.

“Desde a deputación non descartamos accións coercitivas contra esta empresa, por ese incumprimento de contrato. Manifestamos o noso compromiso cos veciños e veciñas da Pobra do Brollón para sacar adiante, coa máxima celeridade, unha nova adxudicación que nos permita construír a residencia”, subliñou.

De feito, o organismo provincial puxo este asunto en mans dos servizos xurídicos para que analicen a conveniencia de facer algunha reclamación á empresa que abandonou a licitación. “Hai unha serie de accións que abordamos coa asesoría xurídica, porque evidentemente que a empresa deixe de prestar un contrato que ten adxudicado prexudica gravemente os intereses dos veciños e veciñas da provincia”, dixo García Porto.

Isto, con todo, non será un obstáculo para levar adiante os traballos dese centro de maiores comprometido co Concello da Pobra do Brollón por parte do goberno provincial, agora cunha nova adxudicataria.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...