HomeTerra de LemosA Pobra do BrollónCatro feridos despois dunha colisión entre dous vehículos na Pobra do Brollón

Catro feridos despois dunha colisión entre dous vehículos na Pobra do Brollón

Publicado o

- Advertisement -

Unha colisión entre dous vehículos deixou a catro persoas feridas na Pobra do Brollón este sábado. Dous delas foron trasladadas ao hospital de referencia, mentres que as restantes foron atendidas no lugar.

Segundo informou o 112, o servizo tivo constancia do ocorrido pasadas as 13,30 horas, cando un particular comunicou que dous vehículos acaban de chocar na zona da Estación.

Unha vez no lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que había catro persoas feridas, dúas en cada un dos coches implicados.

Desde o 112 informouse, ademais da Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Monforte de Lemos, á Garda Civil de Tráfico e aos membros de Protección Civil da localidade.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...