HomeTerra de LemosA Pobra do BrollónMalenne e Lucía Pérez no programa do Entroido de Salcedo

Malenne e Lucía Pérez no programa do Entroido de Salcedo

Conta atrás para unha das celebracións máis esperadas da Pobra do Brollón, co Oso como protagonista principal o luns 12 de febreiro.

Publicado o

- Advertisement -

A localidade de Salcedo, no Concello da Pobra do Brollón, prepárase para vivir un ano máis a festa do Entroido con catro días de actividades nas que ademais da saída do Oso, as Madamas, Danzantes e Disfraces do Campo; a xente poderá gozar de teatro, música de rúa, concertos, verbenas e encontros gastronómicos.

O sábado 10 está programada unha función de teatro ás 22:00 h. e despois, a partir das 00:15 h., o concerto da banda monfortina Malenne, e o Dj Marc Arroyo ata avanzada a madrugada.

O domingo 11 actuará a partir das 16:00 h. a formación tradicional Airiños da Miuteira e a continuación, ás 17:00 h., terá lugar o pregón a cargo de Lucía Pérez. Cando este remate, farán aparición as Madamas, os Danzantes e os Disfraces do Campo, figuras tradicionais do Entroido de Salcedo xunto co Óso. Ás 22:00 h. os asistentes poderán gozar doutra función teatral e pasada a medianoite música co Trío Son e o DJ JB Son.

Lugar principal de concentración de xente en Salcedo para esperar a saída do Óso / XMF
SAÍDA DO ÓSO

A esperada saída do Oso, acompañado dos tamén temidos Criados, terá lugar o luns 12 de febreiro ás 17:00 h. As principais rúas de Salcedo serán o escenario onde o protagonista principal deste tradicional entroido ‘tisne coa feluxe’ a veciños e visitantes que se acheguen a el ou se atrevan a desafialo.

Rematado o rito, que todas e todos deben respectar participando e non invadindo nin molestando, haberá un pasarrúas a cargo da charanga Terras do Bibei e a Mekánica Rolling Band. Pero non acabará aquí a festa, porque a música seguirá coa Discomóbil Duendeneta antes da cea popular –ás 21:00 h– e co grupo M-3 Show despois da mesma. O fin de festa levará o nome de DJ Luismi.

Para saber máis sobre este Entroido tradicional galego tedes unha reportaxe publicada en Xornal de Lemos no ano 2019.

O martes 13, como fin de festas e de Entroido, ás 21:00 h. haberá outra cea popular que rematará con verbena a cargo da orquestra Miramar.

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...