HomeTerra de LemosA Pobra do BrollónExitoso concurso de Tapas da Pobra do Brollón: preto de 2000 pinchos...

Exitoso concurso de Tapas da Pobra do Brollón: preto de 2000 pinchos vendidos

O certame gastronómico, que alcanzou a súa XV edición, tivo lugar do 29 de novembro ao 5 de decembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O XV Concurso de Tapas da Guimaralia, encontro co ‘tapeo’ que organizaba o Concello da Pobra do Brollón do 29 de novembro ao 5 de decembro, rematou con preto de 2.000 pinchos vendidos entre os seis locais participantes.

No concurso deste ano recolléronse 205 tarxetas de votación válidas, seladas polos seis establecementos e nas que todas e todos os participantes escollían o seu petisco favorito. Tendo en conta, pois, que os 3 premios escóllense en votación popular, as tapas máis votadas foron: en primeiro lugar, a tapa ‘Nadie a leva con patacas do Agro’ do Primeiro de Maio; en segundo lugar, ‘Solombo no souto dos Gandarós’, da Salanova; e a terceira gañadora, ‘Solombo en salsa de queixo azul con verduras e redución de Val do Frade’ do Avenida.

Entre todas as persoas participantes na votación, sortearase unha noite con circuíto termal no Hotel Iberik Augas Santas de Ferreira de Pantón. O sorteo realizarase na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ dentro dos actos dos Reis de 2025, así como a entrega do premio do sorteo e dos diplomas acreditativos aos tres establecementos gañadores.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...