HomeTerra de LemosA Pobra do BrollónA Pobra do Brollón vive con entusiasmo o 'Xoves de Compadres'

A Pobra do Brollón vive con entusiasmo o ‘Xoves de Compadres’

Animada participación tanto nos Compadres colectivos como nos individuais e festa rachada pola tarde con ruada, queima e chocolatada na vila.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concurso de Compadres 2025 no Concello da Pobra do Brollón tivo bastante participación, con creacións colectivas que se puideron ver, ademais de na vila, nas parroquias de Lamaigrexa, Parada dos Montes, Pacios, Piño, Canedo e Parada dos Montes.

As figuras recollían estampas nas que se criticaba, entre outras cousas, ás administracións.

Barrio Regueiro do Val, Pacios. Foto: Concello A Pobra do Brollón.
Compadre no Centro de Día da Pobra do Brollón. Foto: Concello.

Amenizados pola Escola de Música ‘Samoeiro’ edición Entroido, o mesmo xoves pola tardiña fíxose un pasarrúas musical e rematouse coas creacións individuais realizadas pola cativada na Praza da Peza para correr o entroido e queimar os compadres. Escenificáronse as tradicionais carreiras e disputas para coller o compadre e despois queimáronse na fogueira. Ao remate, o concello convidou a chocolate quente co que repoñer forzas.

Un dos Compadres individual realizado pola cativada. Foto: Concello A Pobra do Brollón.
O Oso de Salcedo convertido en Compadre. Foto: Concello A Pobra do Brollón.
Pasarrúas Xoves de Compadres. Foto: Concello A Pobra do Brollón.
Queima de Compadres. Foto: Concello A Pobra do Brollón.

O venres, 21 de febreiro, houbo un novo obradoiro na Biblioteca Municipal para elaborar comadres –de cara ao xoves 27 de febreiro– e caretas.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...