HomeTerra de LemosA Pobra do BrollónAviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

Dende o concello avisan á poboación que este martes 22 de setembro vaise proceder á limpeza da presa de Loureiro, feito que poderá ocasionar cortes de auga e algo de turbidez.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que avisa de traballos de limpeza na presa de Loureiro o martes 22 de setembro. Por este motivo, o subministro de auga pode verse interrompido nalgún momento e pode ser que a auga das billas saia con algo de turbidez nos vindeiros días. “Neste último caso recomendamos non facer uso da auga para o consumo directo”, trasladan dende o goberno municipal.

As poboacións afectadas son: Pereiro, Domiz, Recemunde, Tudriz, Martul, Vilardeperas, Lamaigrexa, Castroncelos, Vilarmao, Piñeiros, A Estación, Abrence, Frieira, Pinel e A Pobra do Brollón.

Dende o concello aproveitan, ademais, para pedirlle á veciñanza un uso responsable para que a auga dos depósitos dure máis tempo.

ÚLTIMAS

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...