HomeTerra de LemossanidadeRecorte de persoal na nova ambulancia medicalizada de Monforte?

Recorte de persoal na nova ambulancia medicalizada de Monforte?

O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, denuncia que a Xunta de Galicia recorta persoal das ambulancias medicalizadas de Foz e Monforte de Lemos.

Publicado o

- Advertisement -

O novo concurso público de servizos de transporte sanitario urxente da Xunta de Galicia, que está en fase de licitación, recolle que o persoal das ambulancias de toda a Comunidade Autónoma estará composto por 2 técnicos de emerxencias, un médico e un enfermeiro. Pero isto non se cumpre nas ambulancias de Monforte de Lemos, Foz e O Salnés, onde o PP suprime un destes técnicos nos pregos, segundo apunta Santos Ramos.

Segundo o Secretario Provincial do PSOE, o novo servizo anunciado para Monforte estará infradotado. Engade, “en caso dunha parada cardíaca, dun accidente de tráfico ou dun afogado son necesarios os 4 profesionais para mobilizar ao usuario, colocalo na cadeira ou realizar as técnicas necesarias nese momento.”

O servizo de ambulancias medicalizadas atende patoloxías tempodependentes onde a vida dos doentes corre perigo. Con este recorte sinala, Campos Ramos, que non se pode asegurar a calidade da atención ás persoas. Asegura que se “trata dun novo agravio comparativo, empeorando drasticamente a calidade asistencial destes dous Concellos e por conseguinte da Mariña e do Sur da provincia.”

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...