HomeTerra de LemossanidadeSanitarios intranquilos nun hospital "tranquilo"

Sanitarios intranquilos nun hospital “tranquilo”

Nun momento no que os sanitarios representan unha parte importante dos contaxiados polo COVID19, desde a CIG Saúde Monforte afirman, que se hai material debe facilitárselle aos sanitarios para evitar contaxios masivos. Non facelo califícano como delito.

Publicado o

- Advertisement -

A CIG Saúde de Monforte asegura este mércores, 25 de xaneiro, que os traballadores do Hospital Comarcal de Monforte, “non se atopan tranquilos” nas condicións nas que se atopan traballando pola falta de medios. Sinalan desde o sindicato que, “Hai escaseza de material tanto en urxencias como nas plantas e no resto de servizos. Parécenos moi ben non alarmar a poboación, pero non nos parece normal que se nos tome por tontos.”

Hospital Monforte no estado de alarma / XdL

Os sanitarios denuncian a falta de material, que os obriga a traballar en condicións infrahumanas, “Non se pode traballar con posibles doentes co virus e sen o material de protección adecuado. E por se isto fora pouco, estanse a dar ordes contraditorias, un día din unha cousa e o seguinte, a contraria. Esiximos  protocolos claros de actuación.”

Lembran á xerencia do Hospital, que as traballadoras de especialidades tivéronse que “buscar a vida” e falar con empresas da contorna para poder ter mascarillas FP2, porque o Hospital non as facilitaba. Sinalan tamén, que en urxencias e raios os traballadores fixeron máscaras de  protección e “teñen que levar traxes e gafas reutilizadas,” como xa informaran desde Xornal da Mariña.

Nun momento no que os sanitarios representan unha parte importante dos contaxiados polo COVID19, desde a CIG afirman, que se hai material debe facilitárselle aos traballadores para evitar contaxios masivos, e non facelo califícano como delito.

Sanitaria atende a unha paciente de coronavirus (imaxe de arquivo). EFE

Denuncian que a médica de medicina preventiva que debería velar pola seguridades dos traballadores leve meses de baixa e aclara que en Monforte non hai UCI, “O que temos é unha REA adaptada con cinco camas que cando sexa o pico máis grande,  moito tememos  que vai ser insuficiente. A este hospital se lle prometeu contar cunha UCI que nunca chegou.”

Desde o sindicato insisten nas disponibilidade dos sanitarios a pesar da falta de material e denuncian a situación na que se atopa o PAC co plan de continxencia, “Fíxose un dobre circuíto PAC-URXENCIAS, pero nalgunhas zonas a única separación que hai é un PLÁSTICO. A sala onde está ubicado o persoal non reúne as condicións mínimas”, polo que os traballadores do PAC piden que se reubique o PAC noutro sitio. Segundo o sindicato, os traballadores deste servizo tamén se queixan de que non lles facilitan o material adecuado para exercer o seu traballo con garantías.

COIDA A QUEN TE COIDA.

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...