HomeTerra de LemossanidadeUn estudo médico desvela que a morte súbita é hereditaria

Un estudo médico desvela que a morte súbita é hereditaria

Nos menores de 35 anos a morte súbita está presente en 1 de cada 4 mortes que se producen ó ano, e xeralmente é debido a malformacións xenéticas que permanecen ocultas.

Publicado o

- Advertisement -

A Fundación Española do Corazón define a morte súbita como a aparición repentina e inesperada dunha parada cardíaca nunha persoa que, aparentemente, encóntrase sana e en bo estado. A súa principal causa é unha arritmia cardíaca denominada fibrilación ventricular, o que provoca que o corazón perda a súa capacidade de contraerse de forma organizada, polo que deixa de latir. A vítima de morte súbita perde en primeiro lugar o pulso, e en pouco segundos, o coñecemento e a capacidade de respirar. Esta doenza está detrás do 40% das mortes que se suceden no mundo occidental, polo que é unha das primeiras causas de morte.

Dende o Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) en colaboración co Sergas, están levando a cabo un proxecto que permita salvar vidas e o uso de recursos sanitarios e forenses de forma racional e adecuada. Proxecto do que é pioneira Valencia e que conta cun protocolo regulado. A realización de análises xenéticos con ocasión da autopsia permite derivar ós familiares da vítima ó hospital e usar os recursos sanitarios públicos para a súa prevención. Os médicos de familia son fundamentais neste campo pois son eles os que xestionan todas as probas necesarias para posteriormente, ou ben colocar un marcapasos, ou ben aplicar a mediciña precisa. Neste proxecto participa un laboratorio coruñés que traballo co Imelga e fai os análises xenéticos; os médicos forenses de Vigo e a Unidade Citogenética e Cardiolóxica do Hospital Álvaro Cunqueiro.

Por outra banda, os médicos forenses aplican a estas mortes funcionais, sen causa anatómica visible, o protocolo establecido polo Instituto Nacional de Toxicoloxía, que inclúe unha análise xenética e garda as mostras pertinentes. Estas resultados poden beneficiar á familia do falecido e evitar a morte doutros doentes. E é que ás veces, o primeiro síntoma da denominada morta branca é a propia morte.

CAUSAS DA MORTE SÚBITA EN MENORES DE 35 ANOS

Nos menores de 35 anos a morte súbita está presente en 1 de cada 4 mortes que se producen ó ano, e xeralmente é debido a malformacións xenéticas que permanecen ocultas. Destacan as miocardiopatías e as canalopatías. A miocardiopatía ten unha gran incidencia entre os máis xóvenes; esta doenza afecta ás paredes do corazón e provoca un aumento desmesurado das mesmas o que pode chegar a provocar a obstrución e expulsión de sangue do corazón. Neste colectivo é onde xorde máis temor a sufrir un tipo de morte condicionada por factores xenéticos previos.

Para evitar este risco é imprescindible que antes de practicar calquera deporte os rapaces se sometan a probas de esforzo exhaustivas onde se valora como funciona o corazón nos umbrais máis altos de esforzo.

 

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...