HomeTerra de LemossanidadeRibas de Sil, Folgoso do Courel, Sober e A Pobra do Brollón,...

Ribas de Sil, Folgoso do Courel, Sober e A Pobra do Brollón, sen casos de Covid

Son os catro concellos do sur de Lugo que levan 14 días consecutivos sen rexistrar casos de coronavirus.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Galicia contabiliza este sábado un total de 74 concellos nos que non se rexistrou ningún caso de coronavirus nos últimos 14 días, o que implica o 23,6% dos 313 concellos galegos. De todas as localidades libres de covid-19, a gran maioría –un total de 46– volve estar na provincia de Ourense.

Tras Ourense, está Lugo como segunda provincia con máis concellos que non detectaron casos de coronavirus en dúas semanas, un total de 18 –o 28,4% das 67 localidades que a compoñen–, catro máis que hai unha semana.

Trátase de Barreiros, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Ourol, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, Pol, A Pobra do Brollón, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Sober, O Valadouro e O Vicedo.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...