HomeTerra de LemossanidadeAumenta a velocidade de propagación do virus en Galicia

Aumenta a velocidade de propagación do virus en Galicia

Segundo a Dirección Xeral de Saúde pública, a taxa de incidencia mantense en descenso, pero aumenta o número de contaxios orixinados por cada caso. Aconséllase, pois, optar pola "prudencia" na desescalada ante a escasa inmunidade da poboación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O informe presentado pola Dirección Xeral de Saúde Pública na reunión do subcomité clínico deste venres constatou dúas conclusións principais sobre a situación epidemiolóxica e sanitaria de Galicia: a taxa de incidencia mantense en descenso, pero aumenta o número de contaxios orixinados por cada caso. 

Segundo recolle o Diario Oficial de Galicia, o documento advirte de que o incremento do número reprodutivo instantáneo (Rt), que indica precisamente o número de contaxios orixinados por un caso activo, volve achegarse a un valor ‘1’.

O informe recomenda tamén manter no nivel máximo de restricións A Pobra do Caramiñal e O Grove, debido ás súas taxas de incidencia a 7 días. Carballeda de Valdeorras pasa ao máximo nivel de restricións polas súas taxas tanto a 7 como a 14 días e a existencia dun brote cuxa investigación epidemiolóxica levou á identificación de máis casos, que indican que “non está controlado e, por tanto, hai risco de difusión”.

Doutra banda, manteríanse no nivel alto, ben polas súas taxas a 7 ou 14 días ou por non estar o tempo suficiente para asegurar unha evolución favorable da súa situación, A Pobra do Brollón, Carral, A Illa de Arousa, O Irixo e Monterrei; e ascendería do nivel medio ao nivel alto Boimorto polas súas taxas a 7 e 14 días.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Agroma Sober denuncia que “as causas estruturais dos lumes permanecen e a xestión territorial segue desaparecida”

Durante os meses de agosto e setembro o Concello de Sober enviou a propietarios...

Por Chantada presenta unha moción para a preservación da empanada do municipio

Por Chantada explica na moción presentada no concello, que nas últimas décadas e coa...

“Juana I de Castilla”, unha obra teatral da compañía rioxana ‘Nueve Lunas Teatro’ en Sarria

A compañía rioxana Nueve Lunas Teatro trae a Sarria este domingo 27 de setembro...

O 29 de setembro remata o prazo para matricularse nun novo curso da Escola de Música Samoeiro

A Escola Samoeiro leva dezaoito anos en activo, aglutinando arredor da música e do...