HomeTerra de LemossanidadeO Hospital de Monforte conta con máis ingresados por Covid que o...

O Hospital de Monforte conta con máis ingresados por Covid que o HULA

Neste momento, hai máis pacientes afectados pola Covid-19 ingresados no hospital comarcal que no HULA, centro hospitalario de referencia dentro da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O municipio de Monforte de Lemos baixou o pasado sábado ao nivel medio de restricións e é o único concello de Galicia que se atopa neste momento nesa situación -todos os demais están no baixo-, unha circunstancia provocada pola incidencia do coronavirus no municipio, que tamén se deixou notar na presión asistencial sobre o hospital monfortino.

O Hospital de Monforte de Lemos conta con 10 persoas ingresadas en planta, mentres que no HULA están internados catro pacientes na unidade de Hospitalización e outros catro na de Coidados Intensivos. Só un paciente está ingresado no Hospital Público da Mariña.

Os contaxios caeron nas últimas 24 horas na área sanitaria, dado que só foron diagnosticados cinco casos novos, o que tamén inflúe no descenso que se produciu na cifra de casos activos, que queda en 356. Desde comezou a pandemia, curáronse na provincia de Lugo algo máis de 19.000 persoas, mentres que o coronavirus cobrouse a vída de 246 persoas.

ÚLTIMAS

Monforte celebra o 31 de outubro o Mercado de Outono

O evento terá lugar o vindeiro sábado, 31 de outubro, na Praza de Abastos...

Celebración do ‘Día das Bibliotecas’ cunha intensa xornada de actividades culturais no Saviñao

Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, a Biblioteca Pública Municipal do Saviñao...

“Artur Ui, o ovo da serpe”, este 22 de outubro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

En marcha o estendido do aglomerado na estrada provincial que vai de Mundín a Taboda por Adá

Os traballos centráronse esta semana no fresado do firme e no estendido dunha nova...