HomeTerra de Lemossanidade"É mentira que vaian vir 21 médicos a Monforte", din dende Cig-Saúde

“É mentira que vaian vir 21 médicos a Monforte”, din dende Cig-Saúde

Dende este sindicato consideran que o Conselleiro de Sanidade "enganou á poboación de Monforte coas declaracións feitas o outro día en sede parlamentaria".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O sindicato Cig-Saúde no Hospital Comarcal de Monforte desacredita o anuncio que fixo o Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, en sede parlamentaria o pasado 22 de febreiro.

“É mentira que vaian vir 21 novos médicos a Monforte, desas 21 prazas que anuncia o conselleiro, 16 xa están traballando en Monforte; o que se fai é que pasan de interinos a ter unha praza en propiedade. Cousa que nos parece moi ben porque é o que levamos pedindo dende Cig-Saúde dende anos atrás”, afirman dende a delegación sindical no hospital monfortino.

E engaden “os que xa están traballando aquí serían 5 internistas, 3 cirurxiáns, 2 xinecólogas, 2 traumatólogos, 1 otorrino e 2 anestesistas”.

Segundo comunican dende Cig-Saúde no Hospital Comarcal de Monforte, actualmente faría falta cubrir as seguintes prazas: 1 dixestivo, 1 dermatólogo, 1 pediatra e 1 rehabilitador, e esta OPE sería adiantarse á OPE de estabilización convocada polo Goberno Estatal e obrigados pola Unión Europea.

Alén do referido en relación ás prazas de especialistas en medicina, no resto de traballadores/as tamén denuncian carencias. “Van cesar a 2 técnicos de laboratorio, un este mes e outro para o que vén. Técnicos que son totalmente necesarios debido ao que aumentaron as cargas de traballo. E tamén estaremos moi pendentes de 2 TCAE e 3 celadores do servizo de urxencias que nos chegan rumores de que tamén os queren cesar”, comentan dende a delegación Cig-Saúde no Hospital de Monforte.

Abondando neste comunicado lembran que están a pedir un aumento do persoal de enfermería, sobre todo en quenda de noite, “seguimos a ser o único hospital de Galiza que ten unha soa enfermeira para atender 28 camas”, sentencian.

ÚLTIMAS

Comeza o estendido do aglomerado na estrada que une Ferreira e Currelos

A institución provincial inviste nestas obras 118.000€. Executa as actuacións a empresa FEVISA Vía...

Charla informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Centro Cívico de Monforte

Con esta actividade, o Concello de Monforte quere ofrecer información e asesoramento técnico especializado...

Monforte anuncia corte na subministración de auga este 21 de abril no Polígono Reboredo, Piñeira e Distriz

O motivo deste corte é a realización de obras na rede de tubaxes co...

CV Ciudad de A Coruña gaña o Campionato Galego de Volei Feminino Cadete que se celebrou en Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel...