HomeTerra de LemossanidadeHomenaxe aos case 200 profesionais xubilados no 2022 da área sanitaria de...

Homenaxe aos case 200 profesionais xubilados no 2022 da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte

A Xunta rendeu homenaxe aos máis de 180 profesionais sanitarios da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, que se xubilaron no ano 2022. A xerente do Sergas, Estrella López-Pardo, presidiu o acto de recoñecemento aos traballadores, dos que destacou que “exemplifican que a sanidade pública galega ten no seu persoal o seu capital máis importante”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No acto do que tamén participou o xerente da área sanitaria, Ramón Ares Rico e membros do equipo directivo, a xerente da sanidade galega trasladou aos profesionais xubilados o seu agradecemento polo traballo, entrega e compromiso, destacando a súa profesionalidade e calidade humana. “Sodes máis que un excelente equipo de profesionais, sodes unha familia chea de persoas dunha enorme talla humana” -destacou-.

A xerente lembrou que a sanidade representa en Galicia case o 40% dos fondos da Xunta, e nesta área sanitaria manéxase un orzamento de máis de 592 millóns de euros. “Sodes os responsables de que todo este investimento teña sentido e sirva para a mellora continúa da atención sanitaria”.

“Moitos de vós vivistes unha das transformacións máis importantes, a que supuxo a inauguración do Hospital Lucus Augusti, e, hoxe en día, este hospital non deixa de avanzar e de sumar novos servizos e novos equipamentos”, -dixo a xerente-, quen tamén remarcou que “os hospitais da Mariña e Monforte de Lemos son dúas pezas fundamentais na atención sanitaria, dous hospitais que non deixan de crecer e achegar cada vez máis servizos á veciñanza dos seus distritos”. Tres centros “que foron claves no proceso exemplar de vacinación masiva levada a cabo polo persoal de enfermería”.

Tamén incidiu a xerente nas melloras no ámbito da atención primaria, e puxo como exemplos o centro de saúde Illas Canarias, que foi pioneiro na posta en marcha do XIDE, ou o centro de saúde de Vilalba, clave na posta en marcha dos plans locais de saúde.

A xerente non quixo esquecer a ningún dos profesionais xubilados, e citou a “facultativos, persoal de enfermería, auxiliares, celadores, persoal de servizos e xestión, técnicos e todos os demais profesionais que contribuídes ao bo funcionamento do servizo público de saúde”.

“Sen dúbida, sodes o mellor reflexo do que significa a sanidade pública galega, e sodes o mellor exemplo que podemos tomar para seguir mellorando e non perder nunca este bo rumbo”, -insistiu a xerente-, lembrandolles que “na sanidade pública galega sempre teredes a vosa segunda casa”.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...