HomeTerra de Lemossanidade"Caos no centro de saúde de Chantada, sen médicos e con longas...

“Caos no centro de saúde de Chantada, sen médicos e con longas listas de espera”, denuncia a CIG-Saúde

A sección Sindical de CIG-SAÚDE no Hospital Público de Monforte denuncia que no Centro de Saúde de Chantada, "ende fai uns meses están a vivir unha situación complicada. De 6 médicos que hai en plantilla ultimamente só hai 3 traballando; e no verán 2 para atender cupos de máis de 8000 pacientes".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta situación tan caótica de tantos meses, asegura o sindicato que, fixo que o PAC de Chantada incrementase o número de pacientes atendidos por día se o comparamos co ano 2022 nas mesmas datas. “Os pacientes non teñen médico por estar ausente e as listas de espera son longas o que fai que acudan ao Punto de Atención Continuada de Chantada para ser atendidos.”

Engaden que o día 06/09/2023 había 2 médicos no Centro de Saúde en quenda de mañá e 1 dos médicos colleu a baixa e lembran que no Servicio de Atención Primaria de Chantada non hai pediatría estes días.

Como solución, a Dirección de Atención Primaria da Área Sanitaria, a día 07/09 “cando queda un único médico do cadro de persoal, trae un a maiores. Estes dous médicos de familia só van atender urxencias e as axendas de todos os profesionais facultativos foron anuladas.” Aseguran que a situación en Carballedo non é moito mellor, “dende xaneiro deste ano de 2 médicos só hai un que atende aos 2 cupos.”

No mes de maio o SERGAS implantou en todos os centros de saúde do Distrito de Monforte, e en todos os centros de toda Galicia que non o tiñan, o programa XIDE “que lonxe de axudar a xestión da demanda das citas o que fixo foi empeorar a situación (o programa está mal deseñado e o que fai é aumentar as citas no día e inmediatas que dá o persoal non sanitario dos centros de saúde)”.

¿Que consecuencias trae este mal deseño do programa? “Que o programa xera moitas urxencias innecesarias no día, desbordando os centros, e cousas que teñen que ser vistas no día teñan que agardar a primeira cita libre.” Ao tempo, os pacientes en lista de espera “acoden aos PAC’s ou a Urxencias do Hospital onde as salas están ateigadas de xente.”

Lamenta o sindicato que a situación dos centros de saúde do Distrito da Zoa Sur de Lugo “é máis do mesmo porque non dan atendido aos pacientes por estar a mínimos de persoal e a nosa Xerencia non cobre as ausencias. Un exemplo: no Centro de Saúde de Monforte una cita ordinaria pode ter unha lista de espera de 15 días, e a Xerencia non fai nada e di que está todo ben.”

ÚLTIMAS

A Oficina de Turismo de Chantada obtén as certificacións de “Q  Calidade Turística” e “S Sostibilidade Turística”

O ICTES, Instituto para a calidade turística española e a sostibilidade vén de conceder...

Transporte adxudica obras de mellora en tramos da N-120 e da N-540

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible adxudicou por 13.690.415,53 euros, IVE incluído, un...

Obras na LU-P-4103, en Ferreira de Pantón

A Deputación Provincial de Lugo informa de que ata finais de decembro, a circulación...

‘Castelao’, obra teatral de Culturactiva Produccións, en Quiroga

Culturactiva Produccións presenta este mércores 3 de decembro a obra “Castelao”. Esta actividade está...