HomeTerra de LemossanidadeA Por Todas, movemento de enfermeiras galegas, concéntrase o 16 de novembro...

A Por Todas, movemento de enfermeiras galegas, concéntrase o 16 de novembro en Monforte “para recuperar dereitos laborais”

APT (A por todas) leva a cabo desde hai uns meses, distintas accións, como concentracións, escritos dirixidos ás Xerencias e Recursos Humanos do Sergas, á Valedora do Pobo e a outros organismos ou reunións cos representantes dos traballadores. Reclaman dereitos que din, foron perdendo nas últimas dúas décadas: melloras nos cocientes Enfermeira – doente, estabilidade laboral e o recoñecemento profesional que corresponde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde APT Galicia convocan concentracións para este xoves, 16 de novembro, na maioría das áreas sanitarias da comunidade. A concentración de Monforte de Lemos será na entrada principal do Hospital Comarcal ás 13:00h. O colectivo anima ao resto de categorías que se poden ver afectadas por moitas das súas demandas, a que participen das concentracións e se unan ás súas peticións, “por ser melloras comúns”.

Esta é a terceira concentración deste movemento e a segunda a nivel autonómico. Aseguran que demandan melloras que inflúen directamente na atención aos doentes, ademais da recuperación dos seus dereitos. Denuncian, “o uso abusivo de contratos precarios, de días, ou no mellor dos casos, de meses, con horarios laborais que moitas veces se comunican ao traballador cun só día de antelación, tendo que exercer o seu traballo nunha unidade diferente cada día ou incluso dentro da mesma xornada. A situación supón unha gran presión nos profesionais e un risco innecesario para a seguridade dos doentes, minguando a calidade asistencial.”

Consideran desde APT que cada vez faise máis evidente a falta de enfermeiras dispoñibles para cubrir as ausencias do persoal da plantilla estable (vacacións, días de descanso, asuntos propios, incapacidades temporais).

Califican a xestión do Sergas de improvisación continua afectando á calidade dos coidados, “A mala xestión da administración e a falta de previsión das crecentes necesidades dunha poboación cada vez máis lonxeva favorecen o deterioro da Sanidade Pública, o incremento desorbitado da actividade privada e a migración de compañeiras fóra de Galicia e incluso de España. Por todo isto, volvemos saír a rúa”, conclúen.

ÚLTIMAS

27 de xuño de Portas Abertas no servizo de atención temperá de Quiroga

Dende o Servizo de Atención Temperá tiveron a iniciativa de reunir a todos/as os...

Monforte acolle o Campus Internacional Ucraíno de Verán de Ximnasia Rítmica do 24 ó 28 de xuño

O programa de contidos do Campus contará con sesións de aprendizaxe, masterclass internacional e...

“Nin un só día sen médico e unha lei de alta montaña”, pide Courel Vivo ao pleno

O concello do Incio está situado nunha zona de montaña cunhas intensas características orográficas...

O Colectivo Vermut ‘ao rescate’ do San Xoán dos Chaos, en Monforte

Moitas celebracións populares van a menos, e incluso pérdense, por falta de relevo xeracional....