HomeTerra de Lemossanidade"Non se poden deixar ao pobo sen atención médica durante semanas", denuncia...

“Non se poden deixar ao pobo sen atención médica durante semanas”, denuncia Pladesapu

Pladesapu insiste unha vez máis en que a sanidade pública na zona Sur de Lugo está a ser desvalixada "sen que ninguén da dirección correspondente ao hospital comarcal nin por parte da xerencia de Atención Primaria asuma responsabilidades."

Publicado o

POR
redaccion
- Advertisement -

Nesta situación e ante as últimas protestas a resposta desde a xerencia foi que se está a agardar pola resolución e adxudicación das prazas de méritos ofertadas polo SERGAS hai xa máis dun ano. Mentres tanto a situación “segue prácticamente igual no Centro de Saúde de Monforte e no Hospital, e segue a empeorar nos concellos da contorna.” Nos últimos meses engádense os casos de Chantada e Bóveda.

No concello de Chantada levan dende antes do verán con falta de facultativos. Dun cupo de 7 médicos e un pediatra, “agora mesmo soamente 2 ou 3 médicos atenden a unha poboación de máis de 8000 habitantes repartidos en núcleos moi afastados; e por suposto, sen pediatra e ningún sustituto a maior parte das veces. De feito, durante o Nadal quedaran só dous médicos para atender casi exclusivamente urxencias.”

Pladesapu lembra tamén a situación do concello de Bóveda, “o seu Centro de Saúde leva sen médico xa varios meses sendo o médico que atende no consultorio de Rubián, o encargado de cubrir as necesidades dos habitantes das dúas zonas, media mañá en Rubián e media mañá en Bóveda a maiores das urxencias que poidan aparecer.” Lamentan que debido ás vacacións do único médico titular, o centro de saúde de Bóveda queda estes días sen facultativo, “xa que o médico sustituto só cubre o consultorio de Rubián”.

Nesta situación Pladesapu esixe tanto á Xerencia de Atencion Primaria como á do Hospital Comarcal que cubran os ocos vacantes dos facultativos como é debido, sen deixar núcleos sen atención médica durante semanas.

ÚLTIMAS

A Xunta e o concello do Páramo impulsan proxectos de interese municipal

A colaboración máis recente foi a pavimentación de accesos a San Mamede da Ribeira...

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...