HomeTerra de LemossanidadeChantada concéntrase para reclamar mellor asistencia no centro de saúde

Chantada concéntrase para reclamar mellor asistencia no centro de saúde

Centos de veciños de Chantada concentráronse diante do Centro de Saúde da vila este sábado pola mañá, convocados pola plataforma "Chantada Quere Sanidade" para protestar pola "situación sanitaria alarmante" que vive a comarca.

Publicado o

POR
redaccion
- Advertisement -

A concentración deste sábado é a segunda que se fai en Chantada, no prazo de un mes, dando mostra do malestar social pola falta de médicos no centro de saúde. Denuncian que “as xubilacións, vacacións e baixas non se cobren, sanitarios desbordados, pacientes que esperan citas de atención primaria durante semanas, citas que se cancelan, ou pacientes que acoden ao centro de saúde cunha cita e infórmanos que o seu médico ou enfermeiro de referencia non está e non serán atendidos.”

A plataforma Chantada Quere Sanidade asegura que a situación non se pode manter, “unha atención sanitaria deficiente tarde ou cedo afectará á saúde xeral da poboación”. Ademais de ler un manifesto e informar das últimas problemáticas, recolléronse firmas e prepárase unha manifestación masiva en xaneiro.

Tamén durante a concentración, a plataforma lamentou “a falta de implicación do concello por non apoiar coa sua presenza esta iniciativa, que defende os intereses dos cidadáns.”

Chantada quere Sanidade concentración / CqS

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...