HomeTerra de LemossanidadeA CIG Saúde no Hospital de Monforte denuncia "a insostible situación dos...

A CIG Saúde no Hospital de Monforte denuncia “a insostible situación dos centros de saúde na zona sur”

Repasa tamén o sindicato, a situación na que se atopa o hospital monfortino. Asegura que despois de que o Sergas anunciara 21 médicos para o hospital, "o ano vai rematar sen que se incorpore ningún".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A sección sindical de CIG-Saúde asegura que no centro de saúde de Monforte, nestes días só había tres médicos para atender a unha poboación de más de 18.000 habitantes, “cubriron un par de días con dúas persoas, pero onte había só dous”. Consideran imposible que dous médicos atendan a esta poboación, “polo que dende Lugo tomaron a decisión de pechar as axendas sen avisar aos doentes, parécenos gravísimo xa que así seguían acudindo á consulta, cando os dous médicos que estaban só deberían atender ás urxencias”.

Por outra banda ao estar as axendas pechadas, non se permite pedir cita ata xaneiro, o que levaa á xente a acudir a urxencias do hospital, colapsando o servizo, “Desde o Sergas o mínimo que deberían facer é contratar máis persoal, para comunicar o cambio de citación aos doentes”. No centro de saúde de Monforte hai 12 médicos e aínda hai dúas vacantes sen cubrir, polo que piden ao Sergas que as cubran. Refírense tamén á falta de pediatras desta semana no centro de saúde de Monforte “Non é normal deixar o centro desatendido, dúas horas pola tarde non arranxan o problema.”

Con respecto ao centro de saúde de Bóveda lembran que estivo unha semana sen médico, “o titular atópase de baixa dende hai dous anos e non o cubren. Non pode ser que a solución sexa que compartan o médico e a enfermeira o centro de saúde de Bóveda e Rubián media mañá.

No centro de saúde de Chantada estiveron nunha situación parecida ata hai uns días, “parece ser que agora incorpóranse dous médicos que estiveron de baixa e aliviará algo a situación”. E no centro de saúde de Pantón segue faltando un médico.

Hospital Comarcal de Monforte

Lamenta o sindicato que no hospital continúen sen dixestivos, cunha soa psiquiatra, con dúas pediatras de catro que había, sen neurólogos e sen médicos rehabilitadores. Insisten no colapso das urxencias polo problema no que se atopan os centros de saúde e piden que se reforcen estes servizos contratando persoal de todas as categorías.

CIG Saúde denuncia “a maquillaxe que fai o Sergas das listas de espera, chamando a pacientes doutras áreas para que se veñan a operar aquí e á inversa, co obxectivo de sacalos da lista de espera para que lles dean as contas a final de ano.” Estes pacientes ao rexeitar operarse noutra área, desaparecen da lista de espera e non volven a entrar ata o ano qu ven.

ÚLTIMAS

13 adegas na 43 Feira do Viño de Chantada que se celebra do 6 ao 8 de marzo

Participan da 43 edición da Feira do Viño de Chantada 13 adegas: Adega Lareu...

Dimite a concelleira de Igualdade de Monforte e a súa acta será asumida por Miguel Tomé, fillo do alcalde

A concelleira de Igualdade do Concello de Monforte, Margarita López Rodríguez, presentou a súa...

Nova convocatoria de axudas á natalidade no Concello de Chantada

A convocatoria de axudas á natalidade no Concello de Chantada ten por obxecto beneficiar...

O presidente da Xunta reúnese co alcalde de Sober para valorar proxectos para o municipio

Ambos os mandatarios subliñan a importancia da colaboración do Goberno galego cos concellos, especialmente...