HomeTerra de LemossanidadeA situación da sanidade no sur da provincia esixe solucións

A situación da sanidade no sur da provincia esixe solucións

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Zona Sur de Lugo, convoca unha concentración para o vindeiro día 21, xoves, ás 20h, na praza de España de Monforte. E o BNG de Monforte solicitará ao pleno da corporación municipal, que inste á Xunta de Galicia a que adopte todas as medidas necesarias para resolver a situación sanitaria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Zona Sur de Lugo, convoca unha concentración para protestar “ante a agonía que sofre a atención primaria en todo o distrito, que este mes chegou ata límites insospeitados coa paralización case completa da actividade do centro de saúde de Monforte”.

“Os centros de saúde da contorna non se libran deste descalabro; o centro de saúde de Bóveda estivo sen médico durante días hai apenas un par de semanas, e a día de hoxe só dispoñen de media enfermeira, xa que a titular debe ocuparse tamén do centro de saúde de Rubián. Chantada tivo a súa propia protesta hai apenas unha semana, logo de ver desvalixado o seu centro de saúde”, afirman desde Pladesapu.

“Entendemos que esta situación obedece ós permisos que os facultativos disfrutan tales como vacacións ou días libres, pero tamén entendemos que isto non teñen que pagalo os usuarios, e que ditos permisos deberían estar cubertos”, puntualizan desde a Plataforma, que anima à poboación a achegarse o xoves a praza de España, “a protestar contra unha situación que lles afecta como usuarios de atención primaria, e tamén como usuarios das instalacións hospitalarias, xa que os servizos de PAC e urxencias levan semanas colapsados pola falta de médicos de atención primaria.”

O BNG de Monforte presenta unha moción sobre unha situación sanitaria que califican de “inxusta e vergoñenta”. Piden á Xunta de Galicia a que adopte todas as medidas necesarias para resolver a situación.

Na exposición de motivos recollen, “Na atención primaria, a ausencia de cobertura das ausencias do persoal facultativo dificulta seriamente o traballo do resto do persoal, ben sexa facultativo, de enfermería ou non sanitario, como se demostra coa acumulación das listas de espera, cambios de cita, etc. A atención hospitalaria no H. Comarcal de Monforte tamén vive unha precariedade que vai en claro prexuízo d@s usuari@s e máis d@s profesionais.”

E a falta de profesionais en moitas áreas, especialmente pediatría e siquiatría. Neste último caso desde o BNG refírense a “residencias da 3ª idade, e de drogodependencias, ou mesmo @s usuari@s dos centros residenciais, que antes eran atendidos en saúde mental, e agora, en caso de necesidade, teñen que ir a urxencias a que os atenda un especialista do HULA, por teléfono”.

Ma mesma liña vai dirixida unha Proposición non de lei que a deputada nacionalista Carme Aira, presentou no Parlamento de Galiza para o seu debate, e a reunión que mantivo coa Plataforma en defensa da Sanidade
Pública en Monforte.

ÚLTIMAS

Delia González, unha filla da emigración galega a Arxentina con raíces en Pantón

Encarnación verbalizaba as palabras mentres súa nora, Flora, escribíaas na mesma cociña, ao carón...

Convócase o Concurso de deseño de carteis das Festas Patronais de Monforte

O Concello de Monforte convoca o XX Concurso de deseño de carteis das Festas...

Excarcerado tras saírse da vía e caer por un terraplén en Sober

Tal como informa o 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as 23.00 horas no...

O PP pedirá no pleno un plan de mellora das zonas de ocio

A voceira popular, Katy Varela, explica que, pese a que son numerosas as zonas...