HomeTerra de Lemossanidade"Sen persoal nos centros de saúde, todo o sistema falla”, insiste Pladesapu...

“Sen persoal nos centros de saúde, todo o sistema falla”, insiste Pladesapu na concentración que reivindica unha atención primaria digna

Facía dez meses da última e grande manifestación da Plataforma en Defensa da Sanidae Pública e esta semana volvían a concentrarse na Praza de España de Monforte "ante unha situación que lonxe de mellorar é máis agónica".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A concentración que contou coa participación do equipo de goberno de Monforte reuniu a numerosas persoas en defensa da sanidade pública. No fondo de todos os presentes, o discurso de hai 13 anos de que o Hospital de Monforte non pasaría a depender de Lugo e que a área sanitaria de Monforte seguiría tendo autonomía. “A mesma Administración que prometeu que ser Distrito non significaría perder ningún servizo nin especialidade, nin empeorar a atención que se prestaría á nosa poboación; é máis, dixeron e prometeron que isto só traería beneficio. Onde están? Que non os vemos… Esa mesma Administración minte máis que fala… porque se hoxe volvemos estar aquí é porque a situación nin vai a mellor nin se mantén, se non que empeora día tras día”, recollída Pladesapu no seu manifesto.

Lembran que os recursos do hospital son cada vez máis escasos despois de perder unha psiquiatra e unha endoscopista, e mentres as fortes choivas fan achicar auga dalgún servizo do hospital e as “urxencias colapsadas porque a atención primaria non funciona” e por exemplo, o centro de saúde de Monforte ve rebaixada a súa plantilla a menos da metade, “Como se pode permitir que o centro de saúde de Monforte, coa poboación que abrangue, se esté a desvalixar de esta maneira? Por non falar do ataque directo que isto supón para dous dos colectivos máis vulnerables: os nenos e os anciáns. A pediatría é unha asignatura pendente dende hai moito tempo, pero que está a ver empeorada a súa atención a pasos axigantados, chegando a estar sen ningún pediatra por non haber quen os substituise”.

“Non están moito mellor os anciáns, a maioría deles con patoloxías crónicas cunha alta probabilidade de agudización se non se controlan a cotío, función que realiza o centro de saúde, a función máis importante da Atención Primaria e se nos poñemos serios, do Sistema Sanitario… En lugar de invertir esforzos en facer máis sólida a base desa prevención, desvalíxaa e deixa desprotexida á poboación, facéndoa inaccesible e nada equitativa pola falta de recursos humanos. Porque non nos enganemos, unha cita para o médico de familia non pode ser a un mes vista ou máis, non pode ser que directamente non haxa cita!! Nin que se anulen as que xa están citadas e sen previo aviso… nin tampouco se pode asumir o traballo de 12 profesionais entre 2… O Sergas é cómplice de que os nosos maiores acaben sen remedio no hospital, con todas as implicacións que iso conleva. E como non, volvemos a caer no mesmo de sempre, a cara oculta desta moeda: a necesidade de acudir a consultas privadas, de recurrir a seguros privados, que moitas persoas non se poden permitir. Non lles chega con privatizar servizos, que obrigan á poboación a recurrir á privada para soster un estado de saúde por ter inaccesible o que por dereito lle corresponde: a Sanidade Pública”, recollía o manifesto.

Concentación Pladesapu decembro 23 / Facebook Pladesapu

Tempo tamén para repasar a situación do resto de concellos do distrito, “Bóveda estivo sen médico no seu Centro de Saúde, e así é a día de hoxe, dado que o comparte, así como a enfermeira co Consultorio de Rubián.  Ata hai cuestión de dous anos había dous facultativos, un en cada centro, ademáis dunha enfermeira en Bóveda e outra en Rubián, pero un deles leva sen cubrirse nin máis nin menos que eses dous anos!! Chantada tamén se viu na necesidade de crear unha Plataforma de seu para unir forzas e loitar contra o desmantelamento do seu Centro de Saúde tamén pola falta de persoal, de feito aquí están tamén eles manifestándose, grazas Chantada Quere Sanidade por vir; Pantón segue a esperar por ese médico que se lle prometeu hai moito tempo… promesas baleiras, o único que a nosa clase política sabe facer”.

Esiximos unha Atención Sanitaria Integral, de Calidade, con todos os Servizos necesarios que non só se reflicta no papel. Queremos unha Atención Sanitaria Real, adecuada e personalizada, á que todas as persoas poidan acceder sen dificultades. Non Somos unha zona con moito rural, e non queremos que o rural quede esquecido… queremos un rural con todos os servicios e os principais están sendo os primeiros en caer como son os Sanitarios, a Educación ou os Servizos Sociais, tan importantes para a Saúde e a Integridade das persoas. Queremos vivir dignamente, porque é un dereito fundamental e constitucional. A sanidade non se vende, deféndese!”, concluía o manifesto de Pladesapu.

ÚLTIMAS

O Polígono Agroforestal de Sabadelle poñerá en valor case 39 hectáreas de terreo en Chantada

A conselleira, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez,...

Galegoza no IES de Quiroga

A deputada de Cultura, Iria Castro, o concelleiro de Servizos sociais, Participación e Dinamización...

“Patitas y Punteras” da monfortina, Tamara Lebón, a exposición no edificio da Xunta en Lugo

Este 17 de decembro ás 19:00h inaugúrase na Sala de Exposicións da Delegación Territorial...

Localizan en Quiroga a un peregrino desaparecido hai unha semana cando facía o Camiño de Inverno

A Garda Civil localizou a un peregrino, de nacionalidade paraguaia, que se atopaba desaparecido nas inmediacións...