HomesociedadePladesapu denuncia unha vez máis a falta de médicos e o colapso...

Pladesapu denuncia unha vez máis a falta de médicos e o colapso que se dá no Hospital de Monforte

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do sur de Lugo (PLADESAPU), segue denunciando "o completo estado de abandono" no que está a atención sanitaria do distrito. Hai uns días daban conta da falta de médicos en moitos dos centros de saúde da contorna convocando unha concentración. Agora refírense una vez máis á situación do Hospital Comarcal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo Pladesapu a día de hoxe o Hospital segue sen un médico Dixestivo propio, xa que a facultativa que ocupaba ese oco está de baixa e non se cubriu con outro médico, vindo de Lugo unha vez á semana a facer colonoscopias e gastroscopias. Esta situación fai que haxa persoas que levan máis dun ano a esperar por unha revisión que non chega. “Cando pase algo, como que alguén sexa diagnosticado tarde por culpa desta demora, ninguén asumirá responsabilidades”, lamenta Pladesapu.

Pladesapu asegura que Rehabilitación segue na mesma situación, despois dun parche temporal de varios rehabilitadores que viñan de Vigo cada sábado pasar consulta “e ben seguro que co que cobraron poderíamos ter un rehabilitador en plantilla todo o ano”, vólvese a estar sen rehabilitador.

Con respecto a Psiquiatría tamén é das grandes esquecidas cunha única psiquiatra, “que está desbordada de traballo, e unhas listas de espera que dan vergonza, o que provoca repetidos ingresos en urxencias de pacientes con patoloxías psiquiatricas, xa que non poden ter un seguemento como é debido”.

A Plataforma destaca tamén o colapso que está a sufrir o Hospital nestes días cos casos de virus respiratorios, “Non é culpa da xerencia o gromo de virus respiratorios, pero si o ter unha atención primaria débil, incapaz de funcionar como debe e filtrar os casos máis leves para que non rematen en urxencias. Ocorreu o que viñemos avisando, unha atención primaria mermada e ineficaz que deriva nunhas urxencias hospitalarias colapsadas, pacientes respiratorios ingresados en camas quirúrxicas e pacientes quirúrxicos ingresados en maternidade, todo sumado á sobrecarga dun persoal que traballa sempre baixo mínimos”.

Nesta situación Pladesapu anima a toda a cidadanía a protesta e a esixir a sanidade pública que lles corresponde, na manifestación convocada en Santiago o día 4 de febreiro por SOS Sanidade Pública.

ÚLTIMAS

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...