HomeTerra de LemossanidadeO pleno de Monforte respalda as demandas de Pladesapu coa abstención do...

O pleno de Monforte respalda as demandas de Pladesapu coa abstención do PP

Este luns Pladesapu acudía ao pleno do concello de Monforte cunha moción para solicitar o apoio do goberno local na situación sanitaria do sur de Lugo. A moción aprobouse co apoio de todos os partidos e a abstención do PP.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da zona sur levaba esta moción a pleno co obxecto de que os partidos apoiasen peticións que consideran fundamentais para que a Sanidade non esmoreza na contorna.

Reivindican incremento do orzamento sanitario, o aumento do persoal facultativo e de enfermaría, e a devolución da Área Sanitaria a Monforte, “que comportaría dispór de orzamento propio e, polo mesmo, de capacidade de inversión e gasto”.

A moción foi apoiada polos grupos municipais de PSOE, BNG e Esperta Monforte e contou coa abstención do Partido Popular. Demandábase tamén ao pleno o apoio e participación na manifestación coa que o pobo galego protesta pola desastrosa situación da Sanidade Pública en Galicia. A concentración o 4 de febreiro ás 12:00 na Praza do Obradoiro convocada por SOS Sanidade Pública

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...