HomeTerra de LemossanidadeChantada quere sanidade entrega 3700 firmas na Consellería para pedir melloras sanitarias

Chantada quere sanidade entrega 3700 firmas na Consellería para pedir melloras sanitarias

Chantada quere Sanidade aglutina aos veciños e veciñas que demandan melloras sanitarias no eido local de Chantada e Carballedo, asi como na área sanitaria na que se inscriben e mesmo a nivel galego.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende a plataforma denunciáronse as problemáticas que se dan desde hai anos no que respecta ao Centro de Saúde de Chantada e tamén no Hospital Comarcal de Monforte. Aseguran que a situación agrávase cada mes ou case cada semana.

Despois de dúas concentracións, unha manifestación na vila e unha carta á xerencia, que a día de hoxe non tivo resposta, a plataforma decide dar o seguinte paso e rexistrar un documento na Consellería de Sanidade onde se denuncia a desatención que vive a comarca en materia sanitaria. A este documento acompañan máis de 3700 firmas recollidas estas semanas atrás entre os veciños apoiando esta denuncia.

Con todo a plataforma fai unha convocatoria para mañá ás 12:00 na entrada principal da Consellería de Sanidade, en Santiago de Compostela, onde darán a coñecer os datos pormenorizados e problematicas cada vez maiores que se dan no Centro de Saúde, no Punto de Atención Continuada (P.A.C.) e no hospital de referencia para Chantada que é o Hospital de Monforte. Posteriormente procederán a rexistrar as demandas na oficina de rexistro da consellería.

ÚLTIMAS

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

Ademais das sesións de contacontos, as instalacións da Biblioteca son visitadas habitualmente polo alumnado...