HomeTerra de LemossanidadeAs dúas caras da saúde no Saviñao

As dúas caras da saúde no Saviñao

A Xunta de Galicia licita un novo centro de saúde para o concello mentres o BNG do Saviñao demanda da Consellería, reforzos no servizo de oftalmoloxía do Hospital de Monforte para que os nenos non teñan que padecer as listas de espera deste servizo.

Publicado o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia licita, este venres 14 de decembro, a obra para a  construción do novo centro de saúde do Saviñao cun orzamento previsto de 1.138.455 euros e un prazo máximo de execución dun ano desde a adxudicación.

O novo centro de saúde ampliará o seu espazo actual nun 33%, pasando de 562 m2 a 745 m2 e instalarase nunha parcela de 2.060 m2 cedida polo Concello ao Servizo Galego de Saúde. Contará con área de medicina e enfermaría, espazo para 6 consultas, tres de medicina xeral e tres de enfermaría, ademais dunha sala de toma de mostras de uso polivalente. Haberá unha consulta de pediatría e outra de enfermería de pediatría.

Plano novo centro de saúde / Xunta de Galicia

O edificio contará tamén con con sala de xuntas, arquivo de historias clínicas, recepción, almacéns, vestiarios, entre outras dependencias. Atenderá a unha poboación dunhas  2.800 tarxetas sanitarias.

Os pregos do concurso público poden consultarse na plataforma de contratos públicos de Galicia, a través do seguinte enlace.

o BNG demanda solucións para oftalmoloxía 

Mentres o BNG vén de presentar no Parlamento varias iniciativas para mellorar o servizo de oftalmoloxía do Hospital Comarcal de Monforte. Segundo os nacionalistas “Na actualidade, as nenas e nenos do Saviñao tardan máis de 15 meses en ser citados no Hospital“. A concelleira do BNG Antía Nieves asegura,“carecemos dunha cobertura básica para as nosas fillas e fillos, xa que detectar os problemas de visión canto antes é fundamental nestas idades”.

Desde o BNG do Saviñao califican de intolerable a falta de medios e de recursos sanitarios e demandan da Consellaría de Sanidade e do SERGAS que reforce o servizo de oftalmoloxía do Hospital Comarcal no menor tempo posible, para garantir o dereito a unha atención sanitaria imprescindible para os máis cativos.”

ÚLTIMAS

‘El Monasterio de San Vicente del Pino y su colección diplomática’, interesante charla histórica en Monforte

A Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos acolle o venes...

O Concello de Monforte concede a Kern Pharma unha prórroga de 6 meses para iniciar as obras no Polígono

A Xunta de Goberno Local do Concello de Monforte autorizou esta semana conceder a...

Taboada presenta o cartel da Festa do ‘Caldo de Ósos’

En Taboada quentan xa motores para a celebración da XXXIV edición da súa emblemática...

60.000€ da Vicepresidencia da Deputación para o Matadoiro de Sarria e a Festa do Cocido do Porco Celta que se celebra este 31 de...

O vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, e o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, deron...