HomeTerra de Lemossanidade"Chantada quere Sanidade" alerta de condicións extremas no centro de saúde e...

“Chantada quere Sanidade” alerta de condicións extremas no centro de saúde e colapso no Hospital Comarcal

A Plataforma Chantada quere Sanidade asegura que a situación do Centro de Saúde da vila é intolerable, "confirmamos que só hai tres médicos operativos e a pediatra, dun plantel total de seis, para atender a unha poboación que supera moito os 8.000 pacientes pola afluencia turística e os retornados".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Lembran que como tiñan denunciado perante a Valedora do Pobo, “evidénciase que non se están cubrindo xubilacións, baixas nin vacacións, unha situación que tamén afecta ao PAC, quedando sen cobertura en ocasións”.

Denuncian que os tempos de espera -e o malestar- disparáronse con consultas no primeiro andar a máis de 28°, “Os usuarios e profesionais están a sufrir un ambiente asfixiante: rexístranse temperaturas ao redor dos 30 °C nas consultas do primeiro piso, sen máis ventilación que as fiestras de edificio ao carecer de sistemas de climatización adecuados”.

Un verán máis a plataforma refírese ao “colapso continuo” nas urxencias do Hospital Comarcal de Monforte, “debido ao volume de pacientes derivados desde Atención Primaria que, ante a falta de citas, rematan acudindo ao hospital. En canto isto ocorre, a nefasta directora do Hospital decide pechar a planta de Especialidades todo o verán”.

A plataforma insiste en que a sanidade pública é un dos alicerces da sociedade, e esixe solucións urxentes: cobertura das baixas e vacacións na atención primaria, dotación dun segundo equipo no PAC, implantación do servizo de Hospitalización a Domicilio (HADO), e reforzo do hospital comarcal con especialistas suficientes. “No caso do HADO lévase prometendo desde a Xunta e os concellos, mais o certo é que a discriminación de Chantada segue sendo un feito e somos os últimos da provincia sen o servizo, que precisaría tres equipas para atender Lemos, Chantada e Quiroga e non apenas unha como na actualidade”, conclúen.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...