HomeTerra de LemossanidadeO sector do Porco Celta ante a ameaza da peste porcina africana

O sector do Porco Celta ante a ameaza da peste porcina africana

O sector do Porco Celta reforza a bioseguridade ante unha ameaza que aínda non chegou á nosa terra, pero que xa condiciona o seu modelo de gandaría extensiva. Asoporcel reforza controis e protocolos nun mundo cada vez máis interconectado.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A peste porcina africana (PPA), sen ter chegado aínda a moitos territorios, está a xerar medo no sector gandeiro. Non fai falta que o virus cruce unha fronteira administrativa para que comece a condicionar decisións, rutinas e custos. Abonda con que exista, con que avance, con que se achegue… 

Nun mundo hipercomunicado, onde os movementos de animais, persoas e mercadorías prodúcense a diario e a gran velocidade, a distancia xeográfica deixou de ser unha garantía. O que hoxe é un foco localizado pode converterse mañá nunha ameaza compartida. En España, os últimos casos detectados en Cataluña volveron poñer en alerta a un sector que aínda lembra outras crises sanitarias, propias e alleas. E, aínda que Galicia non rexistrou focos de PPA, a preocupación está aí, latente, especialmente naqueles sistemas produtivos que, pola súa propia natureza, manteñen un contacto máis estreito co medio natural e coa fauna salvaxe.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...