HomeTerra de LemossanidadeO comité de centros de atención primaria denuncia deficiencias graves na subministración...

O comité de centros de atención primaria denuncia deficiencias graves na subministración de material

O Comité de Centros de Atención Primaria da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte tras a reunión mensual ordinaria denuncia graves deficiencias na subministración de materiais nos centros de saúde de toda a Área Sanitaria. Aseguran levar máis de dous anos querendo solucionar esta problemática sen obter resposta algunha.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Aseguran desde o Comité que as deficiencias na subministración afectan a produtos básicos necesarios para o funcionamento diario, tales coma vendas, “que non chegan malia ser pedidas polo persoal dos centros en tempo e forma, tanto no programa habilitado para realizar pedidos ordinarios e urxentes, coma nos correos que se envían á unidade de subministros, e sempre seguindo os protocolos que desde ese servizo ten establecidos”.

Denuncian que materiais indispensables para garantir a seguridade e cumplir cos protocolos de prevención de infeccións, tales coma guantes estériles, máscaras FFP2 e panos estériles, entre outros, “son enviados en cantidades absolutamente ridículas o que provoca que os centros queden sen existencias nos primeiros días tras recibir os pedidos e tendo que agardar ata a seguinte remesa, que no mellor dos casos se produce aos  quince días”. Asegura que tampouco se conta con materiais especiais para as curas de determinados pacientes, “coa conseguinte incidencia na calidade da asistencia sanitaria e a frustración do persoal sanitario, que non pode dar os coidados que ese paciente precisa especificamente”. Á falta de subministración do material sanitario engaden a falta do material administrativo.

O comité tamén denuncia prácticas que se están a levar desde a unidade de subministros, “remítense os albaráns cos pedidos manipulados e falseados, igualando  as cantidades servidas coas cantidades pedidas polo persoal reducindo ata onde convén e faltando ao respecto aos trablladores que fan solicitudes de material segundo as necesidades asistenciais, censurando e poñendo en entredito o seu rigor e a súa capacidade como profesionais sanitarios.”

Con todo, o Comité de Centros de Atención Primaria esixe á Xerencia que tome medidas de xeito inmediato para solucionar estas deficiencias que poñen en perigo a calidade da asistencia sanitaria máis básica, afectando directamente á saúde e benestar das persoas e ao bo funcionamento dos centros sanitarios de Primaria. Esixen tamén restablecer un servizo de subministracións de calidade e segundo as necesidades de cada centro.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...