HomeTerra de LemossanidadeConcentracións no Centro de Saúde de Monforte polas agresións verbais ao persoal

Concentracións no Centro de Saúde de Monforte polas agresións verbais ao persoal

CIG-Saúde Monforte denuncia o incremento das incidencias das agresións verbais ao persoal sanitario e non sanitario. Este xoves e venres o persoal do Servizo de Atención Primaria de Monforte fixo unha concentración diante da entrada do Centro de Saúde para manifestar o seu malestar por estes incidentes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Co lema “Coida a quen te coida. Stop agresións”, demandan rematar coa violencia verbal que sofren no desempeño do seu traballo. Lembran que fai unha semanas rexistrouse un episodio “moi grave” no Hospital Público de Monforte dunha usuaria co persoal da Institución Pública.

Aseguran que estes feitos non son casos illados senón que cada vez son máis habituais na Sanidade Pública, “no Centro de Saúde de Monforte cada pouco prodúcense casos de agresións verbais cara o persoal sanitario e non sanitario. Fai uns anos chegou a ser agresión física a dúas profesionais do servizo”.

Os profesionais sanitarios e non sanitarios comprenden que, en moitas ocasións, as persoas usuarias acoden ao centro de saúde con preocupación, nerviosismo ou malestar derivados dos seus problemas de saúde ou das dificultades do propio sistema sanitario, con tempos de espera ou elevada carga asistencial. “Pero isto non é xustificación para que os pacientes reaccionen con agresións verbais ou comportamentos irrespectuosos cara os profesionais e as profesionais do SERGAS”, insisten.

Sinalan desde a CIG Saúde que antes estes incidentes eran casos puntuais pero agora cada vez son máis habituais, en pouco tempo rexistráronse tres altercados que foron comunicados polo Protocolo de Plan Específico para a Prevención da Violencia Externa do SERGAS. O sindicato manifesta o seu total apoio aos/ás profesionais e a súa repulsa aos comportamentos agresivos de usuarios/as nas Institucións Públicas. Lembran á cidadanía que estes actos non quedan impunes xa que a súa comisión pode supoñer asignación da persoa infractora a outro profesional sanitario ou a súa adscrición a un centro sanitario distinto do que ten na actualidade.

ÚLTIMAS

Este 16 de maio comeza o “Descubrir Quiroga” percorrendo o Camiño de Inverno

Este xoves o concello de Quiroga presentaba o programa que comeza xa coa súa...

En marcha as obras da estrada provincial que une Chantada e Os Peares

A actuación permitirá acondicionar un total de 23 quilómetros de vía, concretamente entre os...

O Concello de Chantada mellora a limpeza das beirarrúas

O Concello de Chantada a través da concellaría de Infraestruturas Urbanas coordina o comezo...

Sarria Bikers, a concentración moteira de Sarria celébrase do 15 ao 17 de maio

A Xunta renova o seu apoio á concentración moteira organizada polo club Sarria Bikers,...